Saltar al contenido

PREBENXAMÍN E BIBERÓN

Partido amigable d@s nos@s nen@s e @s de Abegondo, no que todos o pasaban en grande nun fin de semana máis de balonmán

ALEVÍN

Bm Culleredo Canedo 4-12 Gallega de Mallas Xiria Bm7

Bo partido das nosas nenas ante un dos rivais máis duros da competición, no que competimos cada cuarto!

Bm Culleredo Enerxíasolar 7-9 Bm7 Investo OAR Coruña 1952

Incrible partido dos nosos nenos de primeiro ano, no que o gran nivel defensivo nos permitía loitar por cada cuarto ata o final.

Bm Culleredo Remax Riazor 7-9 Abegondo Todo Deporte

Partido moi irregular dos nosos, contra un duro rival como é o Abegondo, no que a pesar de ir de menos a máis no partido, non foi suficiente!

INFANTIL FEMININO

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 19-22 SAR Ledisson “C”

Primeiro partido da copa, marcado pola irregularidade das nosas ao longo do partido e os fallos de lanzamento.

INF. MASC. 2 DIV.

Bm Culleredo ConstruPereiro 34-26 Club Balonmán Galipizza Viveiro

Mal partido dos nosos que solventaban gracias á melloría no segundo tempo!

INF. MASC. DIV. HONRA

Porriño 22-33 Bm Culleredo Sutenor

Partido donde os nosos comenzaron dubitativos pero co pas dos minutos foron afianzando as súas ideas.

CADETE FEMININO

SD Teucro Pescamar 24-26 Balonmán Culleredo Rafergal

Primeiro partido desta Supercopa igualado ata os ultimos 15min onde conseguimos unha ventaxa de 4 goles.

CAD. MASC. 2 DIV.

Bm Culleredo Serye Ingenieros 21-36 Seis do Nadal-Coia

Mal encontro dos nosos que non conseguían competir en ningún momento!

CAD. MASC. DIV. HONRA

Porriño 29-29 Bm Culleredo Indutec

Gran partido, con un final de infarto no que calquera puido levarse o encontro.

XUV. MASC. DIV. HONRA

Seis do Nadal 29-27 Ténicos 115 Bm Culleredo

Encontro moi emocionante no que calquera puido levarse os 2 puntos e que se decidiu en pequenos erros!

SENIOR MASCULINO:

SAR Plastic Omnium 23-21 Balonmán Culleredo

Partido marcado polas defensas e as porterías, no cal lle plantamos cara ao líder!

#ForzaCulle

Xa finalizada a primeira fase de competición oficial para os nosos equipos femininos, de categoría infantil e cadete, comeza esta fin de semana a 2ª fase de competición. Ambos equipos participarán en diferentes competicións, determinadas polo posto acadado na 1ª fase de Liga.

Por un lado, as infantís, que remataron no 4º posto do grupo 2 da liga, o que as leva a desputala “COPA XUNTA” contra os 3º e 4º clasificados dos outros dous grupos de liga. Xogarán polo tanto as nosas nenas unha nova competición a dobre volta, na que se terán que enfrontar a: Brigantium, Bueu, Sar “C” e Salceda. Ademáis participará tamén o Seis do Nadal, ao que as nosas non se terán que volver enfrontar, mantendo os puntos obtidos contra elas na 1ª fase.

Polo outro lado, as cadetes, que remataron nun meritorio 3º posto, por detrás de 2 grandes equipos como son o Carballal e o Cañiza. O posto obtido polas nosas cadetes, lévaas a desputala “SUPERCOPA”, na que se terán que enfrontar aos 4 primeiros clasificados do outro grupo ligueiro, que son: Lavadores, Teucro, Porriño “B” e Brigantium. Competirán baixo a misma fórmula que as infantís, sendo unha competición a dobre volta. Ademáis dos equipos citados, forman parte da supercopa os 2 clubes anteriormente citados como primeiros e segundos de grupo; e o Bm Rasoeiro, equipos aos que ao igual que as infantís non se enfrontarán, mantendo os puntos obtidos contra eles na 1ª fase.

Ambas competicións comezan esta fin de semana cos seguintes partidos:

  • IF: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar – Sar Ledisson “C” (Domingo ás 10:30 en Almeiras)
  • CF: Bm Culleredo Rafergal – SD Teucro Pescamar (Sábado ás 11:30 en Pontevedra)

MOITA SORTE NESTA NOVA FASE RAPAZAS!

#ForzaCulle

Dende o Balonmán Culleredo queremos visibilizar este comunicado da Federación Galega de Balonmán. Pedímosvos que o leades todos, xa que é relativo ás protestas arbitrais. Dende o clube temos como obxectivo "Protestas 0", e pedímosvos aos pais/nais e resto de afeccionados que vos unades á nosa proposta. Os membros do clube debemos dar exemplo aos máis de 200 nen@s que estamos a formar nas escolas do Balonmán Culleredo.

Antes dunha protesta ou un comentario cara o árbitro, recapacita e trócao por verbas para animalo teu equipo, é o mellor que podes facer!

#ForzaCulle

PREBENXAMÍN:

Xornada desputada en Carballo, na que @s nos@s nen@s o pasaban en grande competindo con compañeir@s de equipos de toda a provincia!


BENXAMÍN:

Concentrábanse o sábado en Tarrio os nosos equipos benxamíns, disfrutando unha fin de semana máis do deporte que máis lles gusta e amosando todos unha gran melloría no xogo!


ALEVÍN BM5:

Bm Culleredo Cristalería Gestal 12-4 Bm Culleredo Café CapriceEncontro moi desputado entre os nosos 2 equipos de bm5, no que cabe destacar a gran intensidade dos dous equipos.


ALEVÍN BM7:

Bm Culleredo Remax Riazor 12-4 Bm Xallas FCDe novo se enfrontaba o Remax ao Xallas, acadando unha victoria baseada nunha gran defensa, con moitos roubos de balón dos nosos avanzados que nos permitían chegar con rapidez á portería rival.
Bm Culleredo Canedo 4-12 Abegondo Todo DeporteNovamente partido contra o Abegondo Todo Deporte, no cal as rapazas amosaban un mellor xogo que a semana anterior, desputando ata o final cada cuarto!


INF. MASC 2 DIV:

Bm Camariñas J.J. Chicolino 23-28 Bm Culleredo ConstrupereiroPartido contra un rival sempre complicado, pero que conseguimos controlar de principio a fin, destacando a gran aportación de todos os nenos ao equipo!


INF. MASC. D.H.:

Bm Culleredo Sutenor 30-29 Bm RodeiroNovo partido dos nosos onde todolos xogadores formaron parte desta victoria.


CAD. MASC. 2 DIV.:

Bm Culleredo Serye Ingenieros 30-35 Bueu Atlético BalonmánPartido moi complicado para os nosos cadetes que non se viñeron abaixo en ningún momento do encontro.


CAD. MASC. D.H.:

Bm Culleredo Indutec 30-34 Bm TuiGran partido o vivido en Almeiras onde o dous equipos de de o primero momento demostraron querer levarse o partido.Partido de ida e volta, onde o Tui aproveitou as súas oportunidades.


XUV. MASC. D.H.:

Bm Culleredo Técnicos 115 21-23 Acanor Atlético NovásPartido moi desputado, o cal se decidiu nos últimos minutos por mor dos nosos erros que aproveitaba o Novás.


SENIOR MASCULINO:

Balonmán Culleredo 26-26 Seis do Nadal-CoiaPartido igualado de inicio a fin. Non estivemos ben na parcela defensiva e deixábamos moitos espazos para que o conxunto vigués finalizara con demasiada facilidade.

#ForzaCulle

De novo, Mateo Díaz volta a Culleredo tras unha nova concentración nas Xornadas de Tecnificación Nacional da xeración 2004-2005. O noso xogador puido desfrutar de novo o premio de ser un dos elexidos para participar nestas xornadas de tecnificación, froito do seu traballo e esforzo ao longo da temporada! A súa constancia e disposición, xunto coas súas capacidades que non deixan de crecer, estano a facer un habitual nestas xornadas no CAR de Serra Nevada.

Noraboa Mateo!

#ForzaCulle

Hoxe volvemos cunha sección a cal vos gustou moito na súa primeira publicación! Esta nova entrega é dunha persoa que seguramente tod@s coñecedes, o humorista, actor e presentador Xosé Antonio Touriñán Rodríguez, “Touri”.  Pois aínda que algúns non o soubesen, Touri forma parte da historia do clube, sendo un dos pioneiros do balonmán en Culleredo como clube e donde de vez en cando participa en partidos cos nosos veteranos!

A continuación deixámosvos unhas fotos da súa traxectoria ao longo dos anos que pasou no clube e unhas preguntas que nos respondeu, para que todos os cullerdenses poidades saber un pouco máis da historia de Touri no clube.

A) A que anos empezaches a xogar ao balonmán?

Con 12 anos, penso que o primeiro partido que xoguei foi no 1992, o primeiro do que foi o Grupo Mar, o 1º clube de balonmán de Culleredo. 

B) De todos os anos vividos no clube, cal é para ti o recordo máis bonito que tes da túa historia deportiva no Balonmán Culleredo?

Pois o máis chulo e o mellor recordo é todo o que pasou eses anos, os amigos, as amigas, as viaxes, os torneos, as concentracións... Iso, anos fantásticos onde o balonmán centraba totalmente as nosas vidas.

Un recordo ben bonito tamén é o de ter coñecido a Raúl Entrerríos e á súa familia e ser amigo del aínda a día de hoxe. Cando eramos infantiles fixemos un intercambio co Grupo Astur, equipo de Xixón e a min tocoume convivir coa familia Entrerríos. Imaxina durmir na cama de Alberto... eu creo que algo do que fixo despois foi coa enerxía que eu deixei naquela cama.

C) Despois de tantos anos de balonmán imaxínome que haberá algunha anécdota graciosa que recordes.

Haberá mil das viaxes, os desprazamentos en bus eran moi divertidos. Recordo un torneo en Portugal onde nos rimos moito, desde almorzos de auga con polvos que nos dicían que era zumo, naranxas voando nos partidos e ata ratas nas habitacións... 

D) Hai algunha ensinanza que ti consideres que sacaches do balonmán e que consideres importante? 

O traballo en equipo, que o colectivo é o importante, tes que axudarlle ao do lado e el axudarche a ti; e sobre todo que as victorias e as derrotas lévanse mellor cando son compartidas.

E) En que posto xogabas máis ou che gustaba máis xogar cando eras un rapaz? 

Eu onde máis xoguei nas categorias inferiores foi de central, era onde máis me gustaba xogar, tamén me tocou algunha vez no lateral dereito. O curioso é que estiven convocado coa selección galega e onde máis xoguei foi no pivote.

F) E actualmente, como ves o clube? 

Mellor que nunca. Creo que o camiño é o correcto. Aínda que desde lonxe, vexo que o traballo que se está a facer, polos que antes foron os meus compañeiros, é estupendo. Agora tocarame acompañar aos meus fillos... espero que eles desfruten o mesmo que desfrutei eu deste deporte.

G) E unha última pregunta máis persoal, que proxectos de futuro tes agora mesmo?

No futuro non o sei, os proxectos que teño no presente van desde continuar desfrutando dos monólogos e do teatro con Fariña e Unha noite na praia. No audivisual acaba de estrearse a segunda tempada de Pequeñas Coincidencias en Amazon e tamén se estrea en marzo a 2ª de Justo antes de Cristo, en Movistar. Estou agora rematando de rodar outra serie para Netflix, que se chama El desorden que dejas. Teño unha peli no verán e tamén espero volver á TVG, que é a miña casa. Estes son os proxectos de agora, por iso non sei que pasará no futuro, teño moito choio no presente.

Touri xunto a Alberto Entrerríos
Touri xunto a Talant Dujshebaev
Touri xunto a parte dos veteranos nun partido do verán pasado