Saltar ao contido

O ATTICA 21 HOTELS OAR CORUÑA, CONSTATA A SÚA SUPERIORIDADE NO DERBI DE 1.ª NACIONAL

ATTICA 21 HOTELS OAR CORUÑA - SWEEPEND CULLEREDO (youtube.com)

O pasado sábado, celebrouse no pavillón coruñés de San Francisco Javier o derbi de 1.ª nacional entre o Attica 21 Hotels OAR Coruña e o Sweepend Culleredo, unha festa do balonmán provincial coas bancadas repletas de afeccionados de ambos os equipos e unha batalla na pista con dous obxectivos ben diferenciados. Mentres que os locais afrontaban o envite coa intención de sumar dous novos puntos que os acheguen de forma matemática á fase de ascenso, os cullerdenses tentaban certificar o seu bo momento e atopar a maneira de competir contra un rival teóricamente superior nesa loita por eludir os postos de descenso.
Sairía o OAR concentrado, intenso e serio, sen especular e evitando posibles sorpresas. Poñía o mellor de si e un ritmo alto coa intención de non dar nin a mínima posibillidade ao seu rival co moito que se xogaba. Esta contundente posta en escena ante un Sweepend Culleredo timorato e un tanto superado polo escenario, outorgaba a primeira vantaxe clara (4-1), polo que o técnico de Culleredo debía de solicitar o seu primeiro tempo morto. Na volta ao 40x20, o Sweepend Culleredo conseguía incrementar a súa conta goleadora aproveitando unha superioridade numérica, pero o OAR, decidido a evitar posibles sustos, dominaba con comodidade e marcaba o ritmo do encontro para retirarse a vestiarios no tempo de descanso cun favorable 20-14. Un 5-2 de saída na continuación, elevaba a diferenza ata os nove goles (25-16) e virtualmente finiquitaba o partido a favor dos coruñeses. A partir de aí e nos seguintes quince minutos, os algarismos moveríanse entre os sete e nove goles, cos locais baixando a intensidade e os cullerdenses minimizando os erros e atopando camiños máis claros ante a portería rival. Nos últimos dez minutos e a pesar de que os oaristas contaban en pista coa segunda unidade de xogadores, o Sweepend Culleredo volvería acumular demasiados erros, que nun número total de vinte, lastrarían excesivamente a súa actuación e facilitaría de novo que a diferenciae no electrónico ampliásese ata ese marcador final de 42-28.

Attica 21 Hotels OAR Coruña: 44 (20+24). Mauro Jaureguiberry (8), Roberto Iosif (1), Pablo Martínez (8), Pablo Fdez (2), Juan Pereira (3), Joel Rábade (2), Kevin Dacosta (2), Juan Carlos Rodríguez (1), Miguel Ángel Simón (1), Diego Martínez (2), José Manuel García (1), Santiago Gómez, Richard De Jesús Tejada, Ramón López, Diego Gago (1), Matías Salvador (5), Francesco Aragona (7).

Sweepend Culleredo: 28 (14+14). Jorge López (p), Cristian Vigo (P), David Martínez (1), Carlos Costa (5), Alberto Catoira (2), Nicolás Pérez, Daniel González (3), Daniel De Salvador (4), Iago Ferreiro (3), Nuno Loxo (1), Iván Sánchez, Mario Crecente (4), Darío Pérez (1), Adrián Díaz (1), Senén Garea (2).

Parciais cada 5´: 2-1 / 6-3 / 10-5 / 15-7 / 17-11 / 20-14 / Descanso / 25-16 / 29-20 / 30-23 / 32-23 / 38-26 / 42-28 / Final.

Colexiados: Jordán Suárez e Daniel Valdés.

Incidencias: Encontro correspondente á xornada nº 27 na primeira nacional masculina (Grupo A) e segundo derbi das Mariñas. Partido disputado nun pavillón San Francisco Javier abarrotado de público.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/drb86SmZLXjDEkKb7

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *