Saltar ao contido

DURO ENCONTRO DO SUTENOR ANTE CHAPELA

Este sábado pola tarde, sobre as 17.00 horas, o infantil feminino de liga ouro do Balonmán Culleredo, disputou un importante partido pola segunda praza ante un duro rival.

O culleredo saltou á pista coa lección aprendida e quixo demostrar o seu potencial ante o seu rival.

Un chapela que non ía ceder con tanta facilidade a súa segunda posición, enfrontouse ao culleredo que viña a por todo.

O partido comezou con ritmo nos ataques e unha defensa do equipo local algo máis débil o que tamén lle faltou a sorte nos tiros a portería. As cullerdenses axiña se adiantaron no marcador cunha mínima diferenza, grazas ao bo facer da defensa 5:1, ás súas recuperacións e á súa efectividade no contragolpe, que obrigou ao chapelo a parar o encontro.

Tras as indicacións do tempo morto, outro aire viuse no Chapela, que cambiou a súa defensa a 6:0, que cun parcial de 2-0 reduciu o marcador, pero a precipitación do Culleredo e o intercambio de goles facilitaron de novo o empate.

Chapela castigou sen piedade todos e cada un dos erros da defensa, impoñendo outro ritmo de xogo. Iso puxo as cousas difíciles a un equipo de Culleredo, que a pesar de todo, tentou non perder a cara ao encontro, logrando distanciarse do 3 no minuto 11 (foise o descanso cun 13-13).

A segunda metade foi máis estratexia por parte dos dous equipos e intercambio de accións de xogo ofensivo. Chapela estableceu outra actitude en ataque e buscou o gol en 6m ou o castigo máximo, e o culleredo continuou co desdobre do exterior.

A primeira liña cullerdense topouse unha e outra vez coa forte defensa do Chapela, ás veces moi ao límite do regulamento.

Os últimos 5 minutos de igualdade entre ambos equipos non se desfaceron ata o último minuto, onde as locais marcaron un gol para romper o empate e o equipo visitante quedou sen tempo para rematar o seu último ataque.

Sen dúbida, un partido desgarrador ata o pitido final.

O Balonmán Culleredo Sutenor estivo moi preto de marcar e conseguir a vitoria. Con este partido, as cullerdenses selan a súa terceira praza pase o que pase na última xornada ante o Cangas, e aseguran a súa participación no Campionato de España.

PINTURAS CHAPELA 24 (13+11): Aroa Fernández González, Sabela Fernández López, Inés Quintillan Gil, Sabela González Iglesias 5, Sara García Antúnez, Lía Pintos Vilaboa, Alicia Barciela Cacheiro, Noa Garrido Fernández, Erika Sánchez Figueroa, Daniela García Gargamala, Antia Fernández Gargamala, Ángela Sánchez Simion

BALONMAN CULLEREDO SUTENOR 23 (13+10): Sara Fernández Fresco, Sofía Meijide Vigo, Sara Villar Bello, Sara Bello Pasandin, Lola Romero Mosqueira, Thais Villaverde Astray, Aitana Gestal Sánchez, Claudia Soto García, Eva Outon Ramos, María Otero Santos, Celia González Iglesias, Rosalía Veiga Vázquez, Noa Otón Marta, Helena Portas Ares, Alba Fernández González

Colexiados: Iria Rivera Regades y Marta González Fernández. Excluyeron a Lola Mosquera (2), Claudia Soto (2), Rosalía Veiga (2) por el equipo visitante y a Aroa Fernández (2), Sabela González (2), Antia Fernández (2) por el equipo local.

Incidencias: Partido pertencente a 17ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Municipal Manuel González Soto con gran afluencia de público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *