Saltar ao contido

O BALONMÁN CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR, SE DOBREGA ANTE O CAMPEÓN DE LIGA OURO

O Culleredo caeu 18-33 ante o Cangas este sábado no Pavillón Municipal de Almeiras na última xornada da Liga Ouro da tempada 23-24.

O rival do conxunto cullerdense demostrou a súa condición de campión da fase regular, e revalidou o seu posto na primeira posición.

O Balonmán Cangas fixo un partido moi intenso e non deu opción ao Bm Culleredo que, a pesar de tentalo, sempre estivo por detrás no marcador.

Con este triunfo, o Cangas proclamouse campión da Liga Ouro e o conxunto local, Fisioterapia Benestar, asegurou a súa praza na fase previa da final a catro o próximo fin de semana.

Na primeira metade o Cangas xa gañou por 5 goles de diferenza (9-14). A vantaxe ao descanso do equipo visitante deu paso a unha segunda metade na que a súa vantaxe se incrementou. Con todo, o Culleredo reaccionou en determinados momentos do encontro para seguir demostrando que lles quedaba algo de vida.

Tras a reanudación, o equipo de Cangas mantivo a intensidade, e o Culleredo xa ía perdendo por máis goles.

Finalmente, o Culleredo perdeu o encontro, pero mantense con 15 puntos na súa participación na Liga Ouro, dándolle dereito a disputar a pre-fase da final a catro ante o campión da Liga de Prata (Porriño) a vindeira fin de semana.

BM CULLEREDOR FISIOTERAPIA BENESTAR 18 (9+9): Carla Muiño Cancela, Lucia Ines Cortegoso Rey , Aroa Garcia Pena, Adriana Vazquez Rivas , Paula Peteiro Vazquez, Lua Fernandez Nuñez, Luana Gomez Fuentes, Antia Ferreño Fernandez, Valentina Martinez Fiuza , Noelia Lopez Andreica, Irene Rodriguez Fernandez , Sara Fraga Fraga , Nadia Martinez Garcia, Carmela Erias Vazquez

DENTAL PABLO SIEIRO BM CANGAS 33 (14+19): Nadia Perez Max, Ana Cancelas Iglesias , Leire Brun Bonet, Sabela Chapela Rios , Goretti Carballal Lopez , Carmen Nogueira Pena , Emma Rial Salgueiro, Aitana Lorenzo Riobo , Nuria Villar Eiroa, Eva Gonzalez Gonzalez , Raquel Rial Otero, Alba Del Valle Santamarina, Elba Nogueira Lovera , Irene Dios Loureiro , Nerea Trigo Fernandez, Tania Curras Novas

Parciais cada 5 min: 2-1/2-3/3-6/5-9/7-12/9-14 Descanso 11-22/13-22/13-25/16-29/17-31/18-33 Final

Colexiados: Andre Pena Muiños y Victor Perez Arias. Excluiron a Leire Brun polo equipo visitante e a Lua Fernandez e Irene Rodriguez polo equipo local

Incidencias: Partido pertencente a 18ª xornada dá Liga de Ouro no Pavillón Municipal de Almeiras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *