Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR TERÁ QUE ESPERAR A ÚLTIMA XORNADA

A penúltima xornada da Liga de Ouro achegábase ó Manuel González Sotona tarde do sábado.

O Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar perdeu na súa visita á Chapela por 24-17, resultado que dependendo do que fagan os seus rivais directos na última xornada, xa se verá se a súa presenza será directamente na final a catro ou se o fará. Accedendo por medio dunha fase previa a xogar contra o campión de Liga Prata.

O encontro comezou moi igualado, aínda que dende a metade do primeiro período foi o cadro de Chapela a que empezou a coller algunha vantaxe importante, sendo o marcador o descanso 11-7 deixando claro que o ataque impúxose á defensa.

Trala reanudación, o Chapela tentou escapar de novo, chegando a dispor de mais renta de goles. Porén, o pouco que saíu das cullerdenses foi suficiente para evitar co Chapela aumentara a súa vantaxe.

O equipo do Fisioterapia Benestar recibirá na vindeira xornada ao Cangas, primeiro clasificado, nun partido crucial para a final a catro para as cullerdenses, posto que o Cangas xa se clasificou directamente para o campionato de España.

BALONMAN CHAPELA 24 (11+13): Alicia Barciela Cacheiro ,Andrea Viña Chapela, Noa Cusi Martinez, Uxía Sotelo Neira ,Sara Méndez García, Nayara Barciela Demacedo ,Valeria Chao Mesías, Daniela García Gargamala, Lucia Rodríguez Fernández, Antía Fernández Gargamala,Chloe Fernández Castelao , Mariangel Salazar Ramirez, Paula López Lago, Sabela Fernández López

BALONMAN CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 17 (7+10): Carla Muiño Cancela, Lucia Ines Cortegoso Rey, Sofía Meijide Vigo , Lola Romero Mosqueira, Aroa García Pena , Adriana Vázquez Rivas , Claudia Soto García , Paula Peteiro Vázquez ,Lúa Fernández Núñez , Luana Gómez Fuentes, Antía Ferreño Fernandez , Rosalia Veiga Vázquez , Valentina Martinez Fiúza, Irene Rodríguez Fernández, Sara Fraga Fraga, Carmela Erias Vázquez

Parciais cada 5 min: 0-2/2-4/5-4/7-5/9-6/11-7 Descanso 13-8/15-10/17-13/22-14/23-15/24-17 Final

Colexiados: : Iria Rivera Regades e Marta González Fernández. Excluíron por parte do equipo visitante a Carla Muiño, Lola Romero e Sofía Meijide,e polo equipo local a Naira Barcelo, Lucia Rodríguez, Mariangel Salazar

Incidencias: Partido pertencente a 17ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Municipal de Manuel González Soto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *