Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR TERMINA A LIGA PRATA INVICTO E XA APUNTA Á ELIMINATORIA POLA FINAL FOUR

O BM.Culleredo Remax Riazor, puxo fin á liga Prata nesta última xornada cun convincente triunfo ante o Patio Rasoeiro BM. do Grove. Os cullerdenses, que viñan de proclamarse campións desta competición na anterior xornada, disputaban este encontro coa mirada posta na eliminatoria pola Final Four que o vindeiro sábado lLes enfrontará ante o Xiria carballés, nunha final por conseguir o ansiado acceso á gran cita galega.
O BM.Culleredo Remax Riazor, soubo tomarse o envite ante os do Grove con seriedade e, mostrando claras intencións tácticas no seu modelo defensivo, conseguiría desarbolar o ataque visitante para dar paso a transicións letais que axudaban a establecer rápidas e cómodas diferenzas. Con esa efectividade na súa retagarda e o alto ritmo imposto, os cullerdenses retirábanse ao vestiario no tempo de descanso cun marcador moi favorable (22-6). Na segunda parte e sen dar opción á sorpresa, os de Culleredo rubricarían a vitoria cun parcial similar ao do primeiro acto e desta forma esperan coas mellores sensacións posibles a importante cita da próxima fin de semana.

Bm Culleredo Remax Riazor: 42 (22+20): Hugo Díaz (P), Hugo García (P), Iago Allegue, Jorge Outón, Fabián Manzo , Teo López, Hugo Rodríguez, Roi Fernández, Xoán Canedo, Xoán Bello, Jaime Serrano.

El Patio Rasoeiro BM 12 (6+6): Xabi Costas, Nasir Blanco, Iago Bea, Xabier Vidal, Rodrigo Quintas, Nicolás Conde, Roy García, Fernando González, Diego Moraña, Xurxo Pérez.

Parciais cada 5`: 4-2 / 9-2 / 14-3 / 16-5 / 20-5 / 22-6 / Descanso / 27-7 / 28-7 / 32-10 / 37-12 / 39-12 / 42-12 / Final.

Árbitros: André Pena e Víctor Pérez.

Incidencias: Derradeira xornada da segunda fase da Liga Prata polo posto 1-6 , disputada no pavillón municipal de Almeiras con boa entrada de público e siareiros de ambas as afeccións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *