Saltar ao contido

AO SWEEPEND CULLEREDO ESCÁPASELLE A VICTORIA POLA MÍNIMA

(SM) Sweepend Culleredo - BM Reconquista de Vigo (youtube.com)

O encontro deste Sábado no municipal de Tarrío, non era un partido calquera, tratábase dun enfrontamento vital para os intereses do Sweepend Culleredo nesa loita por manter a categoría. A vitoria antollábase imprescindible para permanecer nesa penúltima praza e non verse superado polo último clasificado, o BM.Tejina e ademáis, a importancia de sumar e sumar os máximos puntos posibles para terminar a competición como un dos dous mellores penúltimos. Os cullerdenses sufriron de xeito abondo nun enfrontamento tremendamente igualado e disputado e sempre mostraron un espírito de loita digno do moito que estaba en xogo. Por contra, os once erros do primeiro tempo e a falta de efectividade nalgunhas accións ante a portería rival, separaban aos locais de retirarse co marcador a favor no tempo de descanso (15-17). Na continuación, o Sweepend Culleredo tentaría por todos os medios voltear a diferencia, mesmo nos instantes de maior dificultade, cando o equipo quedaba en pista con catro xogadores e os olívicos disparaban a distancia ata os sete tantos. Nun exercicio enorme de resiliencia, os cullerdenses recortarían os algarismos e mesmo chegarían a poñer as táboas nun par de ocasións. Non sería suficiente e nun final agónico e cruel, o Sweepend Culleredo terminaría por caer pola mínima (30-31), e xogará, nas próximas dúas xornadas restantes, por sumar catro puntos e conquistar a penúltima posición da táboa.

Sweepend Culleredo: 30 (15+15). Cristian Vigo (P), Oscar Bello (P), David Martínez, Iván Sánchez, Samuel Seijas (5), Daniel González (1), Aresio Rosende (3), Pedro Pereira (2), Carlos Costa (4), Daniel De Salvador (2), Nicolás Pérez, Nuno Loxo (1), Mario Crecente (6), Darío Pérez (2), Adrián Díaz (4), Senén Garea.

Balonmano Reconquista De Vigo: 31 (17+14). Iago Vidal (2), Alejandro Gómez (2), Javier Freijeiro (3), Sergio Altirribia (2), Yeray Simes (1), Pablo González, Celso Alonso (6), Iago Rivas (3), Xosé Henrique Costas (1), Anxo Fontán (5), Agustín Franco (5), Asier Vázquez (1), Hugo Alonso.

Parciais cada 5´: 2-1 / 4-6 / 6-9 / 10-11 / 13-14 / 15-17 / Descanso / 17-20 / 18-25 / 23-25 / 25-27 / 27-28 / 30-31 / Final.

Colexiados: Francisco Fdez e Daniel Álvarez.

Incidencias: Encontro correspondente á xornada nº 28 na primeira nacional masculina (Grupo A) disputado no municipal de Tarrío entre o Sweepend Culleredo e o BM.Reconquista de Vigo. Moi boa asistencia e ambiente nas bancadas.

Fotos Do Encontro:

https://photos.app.goo.gl/T3DmU2NqExtKFztW6

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *