Saltar ao contido

Previa da xornada

Xornada curta para a nosa familia cullerdense esta fin de semana, con moitos equipos en xornadas de descanso trala finalización das súas competicións e rematando nesta xornada unha gran parte delas. Con todo xa decidido nas súas ligas, sobresae o partido de 1º Nacional, na que os nosos senior seguirán a loitar pola permanencia, enfrontándose desta volta ao 2º clasificado da competición.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS TECNOSAT BM CANGAS

As nosas miniguerreiras xogarán ante o Cangas o último encontro da liga regular, xa asegurado o terceiro posto dende hai varias semanas, o Sutenor segue a buscar a mellora evolutiva a niveis xerais para poder chegar ao intersector o mellor preparadas posible.

Será un encontro moi desputado, que se decidirá por pequenos detalles.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS BM ABEGONDO SÚMATE

O Climanosa xogará un derbi provincial ante o Abegondo, un encontro máis para poder demostrar o adestrado durante a semana. O Climanosa quere volver á senda da vitoria e iso pasa polo nivel defensivo que poidan dar. Isto será unha das craves do encontro, a densidade en zona de balón e a velocidade nos desprazamentos defensivos serán os detalles que poidan decantar o encontro.


(IM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS CLUB BM HOSTELERÍA BEIRAMAR VIVEIRO

Xornada final desta Liga Prata para o Óptica Gallaecia, que está rematando a tempada nun bo momento de forma e que terá que dalo todo para poder levarse estos 2 puntos. As faltas de concentración non poden volver a pasarnos factura, para non volver a arriscar un encontro que de seguro poderemos controlar se cada un cumple coas súas tarefas ofensivas e defensivas.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS BM LÍNEA 21 TRANSGALO

O Nosolomadera finaliza o campionato regular xogando un derbi coruñés fronte ao Línea 21. O encontro pode dicirse que é unha preliminar das semifinais na próxima Final Four, xa que se enfrontarán de novo estos dous equipos. Será un partido moi igualado, onde os nosos queren retornar ao nivel defensivo que tanto lles deu esta tempada.

(SM) ATTICA 21 HOTELS OAR CORUÑA VS SWEEPEND CULLEREDO

Esta fin de semana, disputarase o segundo derbi da historia entre o OAR da Coruña e o Sweepend Culleredo. Inicialmente, o duelo intúese desigual entre o segundo clasificado e o penúltimo, respectivamente, pero os cullerdenses deben de ser competitivos e afrontar o envite con máxima esixencia e ambición para poder optar a dar a sorpresa. Un plan de partido claro e levado a cabo de forma disciplinada, parece poder ser a chave para competir ante o enorme plantel do conxunto oarista. O encontro iniciarase ás 19.00h do próximo Sábado no pavillón S.Francisco Javier.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *