Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND, FIRMA UN PARTIDO MOI SERIO ANTE O XIRIA NA PRIMEIRA XORNADA DA COPA FEDERACIÓN

Esta fin de semana, disputábase a primeira xornada da Copa Federación e como prato forte, o Montaxes Carballo Xiria visitaba Culleredo. O derbi entre cullerdenses e bergantiñáns nunca defrauda e aínda que os de Carballo chegaban a Almeiras con numerosas baixas, a súa capacidade de resiliencia e competitividade, anunciaban un partido moi atractivo para o espectador. O BM.Culleredo Sweepend, que ademáis prepara a fase do campionato de España que a próxima semana xogarase en Almería, afrontaba este esixente reto para chegar á cita nacional cun ritmo competitivo adecuado. A seriedade e a intensidade defensiva mostrada no inicio, deixaba ben claro que os cullerdenses se ían a tomar a cita moi a peito a pesar das diferentes probas encamiñadas á fase do sector. Así, a retagarda e o contragolpe funcionaban como un binomio no que os locais sacaban gran redito no electrónico. O encontro, que transcorría moi favorable ao BM.Culleredo Sweepend, terminaría por concluir con un marcador amplio e convincente para os vermellos, dominadores en todas as fases do xogo e amosando un ritmo alto e dinámico grazas aos múltiples cambios e a intervención notable de todo o plantel.

BM. Culleredo Sweepend: 37  Marco González (P), Hugo Díaz (P), Lucas Sánchez, Aarón Blanco, Marcos Regueiro, Atalo Bello, Josemi, Adrián Veira, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Alejo Martínez, Nico Casal, Daniel González, David Martínez.

Montaxes Carballo Xiria: 19  Diego Mourelle, Pablo Suárez, Izan Cabeza, Dani Periscal, Hugo García, Samuel Soneira, Brais Suárez, Miguel Cambón, Marcos Amarelle, José Manuel Negreira, Marcos Varela, Jorge Rodríguez, Nicolás Cancela.

Colexiados: Adré Pena e Víctor Pérez.

Incidencias: 1ª xornada no grupo Grupo Norte da Copa Federación en categoría xuvenil masculino e terceiro derbi desta tempada entre Xiria e Culleredo. Partido disputado no polideportivo de Almeiras ante un centenar de siareiros de ambos os conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *