Saltar ao contido

O Climanosa loita ata donde lle chegou a gasolina

Tocáballe na mañá do domingo asumir aos nosos rapaces do Climanosa o desprazamento máis largo da tempada, tendo que ir ata O Rosal. Chegaban os nosos a este encontro moi motivados pero á vez moi mermados polas ausencias, sendo soamente 7 xogadores e 2 deles porteiros.

A pesares das dificultades, o equipo comezaba serio, pero as imprecisións nos primeiros compases permitíanlle aos rivais poñer un 4-1 de inicio e comezar a sacar diferenza no marcador. A defensa 3:3 rival moi presionante xerábanos dudas nun primeiro intre, pero co paso dos minutos conseguiríamos atacala de forma eficaz conectando entre liñas ofensivas, conseguindo que as conexión entre a 1º e a 2º liña xerasen oportunidades de gañar sen balón e xerarlle moito perigo aos rivais.

Na fase defensiva os nosos estaban a facer un bo traballo, pero a falta de contundencia nas axudas permitíanlle aos rivais chegar aos 6m con máis facilidade da desexada, pero unha moi boa actuación de Xurxo en portería permitíanos manternos no partido e por momentos poñernos incluso a 1 gol.

Os erros de lanzamento dábanlle a oportunidade aos locais de sair rápido ao contraataque e aumentala diferenza a 4 goles antes do descanso.

A segunda parte sería moi diferente, o cansancio de non poder cambiar e a intensa e profunda defensa 3:3 local acababa coas enerxías dos nosos, que comezaban a perder máis balóns e a perdela capacidade de tomar decisións con claridade. Con todas estas perdas, os rivais non desaproveitaban a oportunidade de sair con velocidade ao contragolpe e cerralo encontro.

Moi bo partido dos nosos rapaces, que loitaron ata donde poideron e amosaron  súa atitude guerreira!

Valinox Novás: 38 (16+22) Iago, Alex, Leonardo, Xavier, Yago, Nicolás, Diego, Marco, Antón, Addrián, Samuel, Marco, Mario, Hugo.

Bm Culleredo Climanosa: 22 (12+10) Iago, Xurxo, Hugo Jiménez, Antón, Jacobo, Beltrán, Guille.

Árbitra: Danijela Savic, levou adecuadamente o encontro en todo momento.

Incidencias: Partido correspondente á 4ª xornada da segunda fase da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *