
Enlace Do Partido: https://youtu.be/CE88pa6HC9Y
Viaxaba o BM.Culleredo a Lalín despois da súa magnífica vitoria ante o Cisne Colegio Los Sauces da fin de semana pasada e o capricho do destino facía posible que os dous conxuntos que se enfrontaban na capital do Deza, chegarán a este encontro empatados a puntos na clasificación coliderando a segunda praza. Prevíase por tanto un encontro vibrante, emocionante e igualado, pero bastaron os minutos iniciais para observar que non ía ser o día dos cullerdenses. O conxunto local sairía ao 40x20 do maxestoso Lalín Arena coa lección ben aprendida do pasado Play-Off e o obxectivo de non deixarse sorprender de novo. Mostrando unha maior intensidade e agresividade defensiva acentuada pola profundidade na retagarda, os dezáns pronto puxeron distancia no marcador, obrigando ao técnico cullerdense a solicitar o seu primeiro tempo morto. O BM.Culleredo Galaico Caravaning conseguiría aguantar o pulso os primeiros dez minutos (7-5), pero a partir do paso polo ecuador, o Embutidos Lalinense, que xa gozaba dunha cómoda vantaxe (12-8), dispararíase no electrónico grazas á súa superioridade nas accións de 1x1 e no xogo con Martín, que no pivote se erixiría como un gran quebradizo de cabeza para o BM.Culleredo. Dez goles de vantaxe ao descanso (25-15) falaban por se sós da insultante superioridade dos de Lalín nestes primeiros trinta minutos. A segunda parte sería moito máis sosegada e aos locais bastaríalles con controlar o ritmo do encontro e non incorrer en nigún erro grave para selar unha vitoria que virtualmente estaba nas súas mans despois do primeiro tempo. Así, o parcial de 16-17 favorable aos de Culleredo, xa non tería ningunha repercusión nun segundo acto que terminaría sen factor sorpresa e como un mero tramite que completar.
Embutidos Lalinense: 41 (25+16). Joel Noche, Luis Martínez, Manuel Montoto, Eduard Iglesias, Manuel Souto, Iago Alexandre Cuiña, José Alberto Canda, Martín Vázquez, Enzo Novoa, Xabier Salgueiro, Marco González, José Enrique Portas, Eloy González, Iker Lamas, Izan Otero, Pablo Bahamonde
BM.Culleredo Galaico Caravaning: 30 (13+17). Mateo Basanta (P), Jorge Amor (P), Xurxo Méndez (p), Adrián Aneiros, Iván Gantes, Aitor Fariña, Alexis Martínez, Jairo Candamio, Martín Casal, Alejandro Soto, Teo Gómez, Hugo Bermúdez, Diego Rodríguez, Hugo Bregua.
Parciais cada 5´: 4-2 / 7-5 / 12-8 / 16-9 / 21-11 / 25-15 / DESCANSO / 29-20 / 31-23 / 35-26 / 38-27 / 40-30 / 41-32 / FINAL
Árbitro: Pablo Barreiro.
Incidencias: Partido da 6ª xornada da Liga Ouro xuvenil disputado no pavillón Lalín Arena.
