
Enlace Do Partido: https://youtu.be/l94Vn1kmHzk
Non puido o BM.Culleredo conseguir a primeira vitoria ante a súa afección no que supoñía dous puntos importantes entre dous conxuntos chamados a pelexar por cotas similares. Máis necesitados chegaban os do Morrazo con tan só dous puntos na clasificación e os de Culleredo, con cinco, co desexo e a ambición de resarcirse da derrota pasada en Poio e poñer terra polo medio ante o Luceros e o resto de equipos que se situan na zona máis baixa da táboa. As intencións duns e outros eran claras, pero o Automanía Luceros foi o que mellor levou a cabo o seu plan de partido ante un BM.Culleredo desestabilizado pola defensa pechada do seu rival e incómodo desde o inicio. Os visitantes, pertrechados ante o area do seu porteiro, puxeron a proba a puntería dos de Culleredo e pronto se puido observar que non era o día dos lanzadores. O Luceros pechaba as vías de conexión co pivote e as posibilidades de finalización víanse minguadas. O BM.Culleredo non atopaba como facer dano e cando o facía, aparecían os erros de lanzamento ante o gardameta rival para aumentar a frustración. Tamén farían acto de presenza os erros non forzados que aumentaban co paso dos minutos ata sumar 13 no primeiro tempo e 21 no computo total do encontro; Demasiado peso para poder saír vitorioso nun partido desta índole. Aínda que as sensacións no xogo non eran positivas, as posibilidades de remontada aínda estaban no aire co resultado que reflectía o electrónico ao termo do primeiro acto (12-14), pero o Autonomía Luceros encargaríase de diluír todas as expectativas locais nun segundo tempo de claro dominio.
BM. Culleredo: 25 (12+13). Marco González (p), Jorge López (p), Hugo Bermúdez, Hugo Rodríguez, Roi García (6), Iván Sánchez (2), Hugo Bregua (1), Alexis Martínez, Adrián Veira (1), Adrián Díaz, Josemi Martínez, Nicolás Casal (2), Nuno Loxo (2), Teo Gómez (8), Marcos Regueiro (1), Alejo Martínez (2).
Automanía Luceros: 31 (14+17). William Thompson (8), Eloy Pérez (1), Iago Fonseca (5), Diego Rodríguez (1), Xurxo Otero (3), Carlos Menduiña (1), Ricardo Antón González, Oscar González, Iago Iglesias (9), Denis Iglesias, Manuel Magdaleno, José Miguel Cid, Pablo Miana, Xoán Canedo (1), Dimitrije doder (2), Marco Covelo.
Parciais cada 5 ́: 1-2 / 3-5 / 7-7 / 8-9 / 10-11 / 12-14 / Descanso / 13-15 / 15-17 / 17-22 / 18-25 / 20-28 / 25-31 / Final.
Colexiados: Julio Villanueva e Pablo Torreiro.
Incidencias: 8ª xornada no grupo "A" da 1ª nacional masculina. Partido disputado no municipal de Tarrío.
Fotos Do Partido: https://bmculleredo1.pixelunion.eu/share/Zk7tr7ZI6xuDHyJziGBkjYbGymuNyNMsG_bBTAdCeERgmuk4F_UGK4fJKVfBR78kr5A
