Saltar ao contido

VITORIA DO BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES PARA ACHEGARSE AO LIDERATO

Enlace Do Partido: https://youtu.be/-rVdpVbY3E8

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, disputaba este Domingo un encontro esixente correspondente ao grupo B da Fase de Clasificación Liga Prata. A visita aos veciños de Arteixo significaba tamén chegar ao terreo do líder invicto ata o momento. O encontro polo tanto, era crucial para ambos os conxuntos: importante para os locais, que tiñan a oportunidade de poñer terra polo medio ante un rival directo e vital para o BM.Culleredo Despreocúpate.es, que non desexaba deixar escapar a oportunidade de que o liderato estivese a tiro de pedra. O envite non defraudaría ás expectativas e sería moi entretido para os seguidores congregados no polideportivo de Galán. Aínda que os cullerdenses dominarían en maior medida os parciais, nunca conseguirían unha diferenza tranquilizadora e isto sumiría o encontro nunha incerteza polo resultado final que envolvía o ambiente de certa tensión. O BM.Culleredo deixaría escapar unha renda nada desprezable de ata tres goles para ver como o seu rival establecía a igualdade novamente cando se chegaba ao tempo de descanso (14-14). Sería no último cuarto de hora do partido e despois de sufrir no inicio do segundo acto, cando o conxunto cullerdense conseguiría elevar as súas prestacións defensivas e mostrar un maior acerto cara a portería copntraria. Isto supoñería entrar nos últimos instantes cunha vantaxe suficiente para terminar por lograr os dous puntos e colocarse a un só desa primeira praza que ocupa o Reprint Arteixo. O conxunto de Culleredo ten agora a tiro de pedra ese liderato en caso de non fallar nos seguintes compromisos, xa que conta cun partido menos que o seu rival de hoxe.

Reprint Arteixo: 30 (14+16). Iván Stoyanov, Yago Tajes, Pedro Añón, Manuel Canto, Leo Baldomir, Danny París, Anxo Franqueira, Mateo Antelo, Daniel Iglesias, Hugo Mourón, Kevin Ouro, Laszlo Nicolás Lanyi.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 33 (14+19). Xurxo Méndez (p), Jorge García Serantes(p), Fran Hermo (p), Jorge García García, Hugo Fariña, Aitor Fariña, Hugo Jiménez, Nicolás González, Pablo Cacheiro, Jacobo Soto, Mario Prada, Roi Romero, Oliver Borrazás.

Parciais cada 5´: 2-4 / 5-5 / 6-6 / 8-10 / 11-13 / 14-14 / Descanso / 18-16 / 20-20 / 22-22 / 24-26 / 28-28 / 30-33 / Final.

Colexiado: Hugo Bello.

Incidencias: 5ª xornada na Clasificación a liga Prata (Grupo B). Derbi entre os equipos de Culleredo e Arteixo disputado nun polideportivo de Galán con moi boa entrada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *