
ENLACE DEL PARTIDO: MONTAXES CARBALLO XIRIA BRANCO — BM CULLEREDO DESPREOCUPATE.ES · Cadete masculino
O BM.Culleredo Despreocúpate.es, conseguíu unha importante vitoria no primeiro partido da fase de clasificación a Liga Prata, aínda que o derbi entre o Montaxes Carballo Xiria Branco e os cullerdenses, quedou moi deslucido polos escandalosos algarismos debido á inoperancia na fase defensiva de ambos os conxuntos. O dominio do conxunto de Culleredo no electrónico foi de principio a fin, en parte grazas a un factor físico superior e tamén a aspectos técnicos individuais. Non tiveron os cullerdenses problemas na transición defensa - ataque e tampouco no ataque posicional, pero o funcionamento defensivo carecería da actitude, concentración e intensidade suficiente para lucir minimamente ante o conxunto bergantiñán. Ao descanso, o resultado xa era claramente diferenciador para o BM.Culleredo Despreocúpate.es (16-34), algo que deixaba o encontro virtualmente decidido para os intereses dos visitantes. No segundo acto, o xogo descontrolaríase moito máis ata chegar a ese resultado final con algarismos tan inusuais, que daba os dous puntos en xogo aos de Culleredo (48-70). O equipo do Despreocúpate.es, deberá de mellorar moito na actitude e intensidade da fase defensiva si quere conseguir o seu obxectivo nesta fase de clasificación da Liga Prata e afrontar os seguintes encontros con moita máis seguridade e regularidade.
Montaxes Carballo Xiria Branco: 48 (16+32). Xurxo Pereiro, Mateo Cotelo, Mateo Viña, Lobel Manuel Alcántara, David García, Aarón Cotelo, Rodrigo Rama, Pablo Martínez, Dilan Ignacio García, Pedro Sánchez, Marco Núñez, Dani Rama.
BM.Culleredo Despreocúpate.es: 70 (34+36). Xurxo Méndez (p), Jorge García Serantes(p), Jorge García García, Oliver Borrazás, Hugo Fariña, Aitor Fariña, Hugo Jiménez, Nico González, Jacobo Soto, Mario Prada, Roi Romero.
Parciais cada 5´: 4-6 / 8-12 / 9-17 / 9-22 / 15-27 / 16-34 / Descanso / 21-42 / 27-49 / 33-55 / 36-60 / 42-64 / 48-70 / Final.
Colexiados: Pablo Torreiro e Daniela Suárez.
Incidencias: 1ª xornada da Clasificación a liga Prata (Grupo B). Derbi entre os equipos de Carballo e Culleredo disputado n opavillón Vila De Noia.
