Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 04.10.26

SENIOR

O BM.Culleredo afrontará este próximo sábado o primeiro viaxe ás illas afortunadas dentro da terceira xornada da 1ª Nacional. O desprazamento a Tenerife conleva consigo un complicado enfrontamento ante un conxunto que creceu nos últimos tempos e que mostra unha fortaleza moi superior cando actúa como local. A pesar das dificultades, os cullerdenses desexan repetir vitoria, tal e como o ano pasado e, desta forma, conseguir outros dous valiosos puntos como na primeira saída da competición.

O partido disputarase no Pabelló Municipal de Tacoronte ás 19:30h (horario insular).

XM - GALAICO CARAVANING

O BM.Culleredo Galaico Caravaning afronta esta fin de semana o primeiro partido da liga Ouro 2026/27 e o fará a domicilio ante un dos favoritos, o Socaire Arquitectos Bueu Atl. Bm. Os cullerdenses saben do gran reto e tamén da importancia de comezar con vitoria nunha das pistas máis complexas da categoría. A orde táctica e a intensidade defensiva, serán claves para que o BM.Culleredo Galaico Caravaning consiga voltar con dous puntos a Culleredo.

O encontro disputarase o domingo ás 12.30 no Pavillón de Beluso.

CF - SUTENOR

Chega o Play Off para as nosas cadetes, que xogarán na casa coa ilusión e o obxectivo de conseguir a clasificación para a Liga Ouro.

Despois de rematar como líderes de grupo na fase de clasificación, as nosas buscarán poñer a guinda ao pastel e completar este gran inicio de tempada conseguindo o pase á máxima categoría.

No camiño estarán BM Caselas, Atlético Guardés e Xiria de Carballo, tres rivais que obrigarán ao SUTENOR a dar o máximo durante toda a fin de semana.

As nosas queren facerse fortes na casa e, para iso, necesitarán tamén o apoio da súa xente. Queremos encher Tarrío, crear un gran ambiente e arroupar as nosas guerreiras para conseguir o primeiro gran obxetivo da tempada.

IM - PADTHAIWOK

Comezan a Liga Ouro os nosos infantís en Vigo e medíndose de novo a un dos candidatos ao título galego este ano. Despois dun bo Play Off chegan os nosos nun bo momento e con ganas de demostrar que poden competir con calquera, sen dúbida será un gran encontro no que será determinante controlalo ritmo do xogo e minimizalas perdas para chegar vivos ao final.

IM - MÁRMOLES RAJÚ

Primeiro encontro oficial da tempada para o Mármoles Rajú ante un duro rival. Os de Ribeira son sempre un equipo duro, polo que os nosos terán que estar ao 100% os 50 min se queren competilo encontro. Será unha primeira proba dun longo camiño esta tempada na que todos deben seguir crecendo!

FORZA CULLE!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *