Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO NON PODE VENCER AO BM.INGENIO TRAS UNHA FROUXA PRIMEIRA PARTE

Enlace Do Partido: (SM) BM Culleredo - BM Ingenio - YouTube

O BM.Culleredo non puido estrearse en casa con vitoria na que sería a segunda xornada da liga 2026/27 en 1ª nacional. A derrota ante o BM.Ingenio canario fraguaríase sobre todo nunha primeira parte de claro deficit no balance defensivo e na retagarda, especialmente na coordinación defensiva ante a primeira liña e o xogo co pivote. O comezo do partido foi esperanzador, xa que os cullerdenses atopaban con facilidade o camiño cara ao gol e a igualdade predominaba no marcador. As cousas comezaban a torcerse cando se chegaba ao meridiano do primeiro acto e os visitantes cobraban unha pequena distancia de dous goles (10-12), que desta parte ata o final iría aumentando progresivamente ante as dificultades atopadas no balance e a defensa ao pivote canario, tal e como mencionabamos con anterioridade. O partido poñíase moi costa arriba despois do 16-22 ao descanso. Tras o paso por vestiarios, o equipo cullerdense sairía convencido da remontada, puidendose ver xa nos primeiros compases da continuación unha defensa máis compacta e cun maior ritmo. Bastarían cinco minutos para rebaixar a diferenza a catro goles (21-25) ou a tres ao paso polo ecuador e meterse de cheo na pelexa pola vitoria (26-29). Chegábase ao momento máis esperanzador cando a falta de cinco minutos a diferenza reducíase a tan só dous goles, pero unha exclusión de Iván, que deixaba ao equipo en inferioridade numérica e tres erros consecutivos cando os cullerdenses se desempeñaba á desesperada por esgotar as súas últimas posibilidades, daban ao traste coas opcións de sorpaso nun final no que todo parecía posible ata que apareceu o porteiro insular como claro salvador do seu equipo.

BM. Culleredo: 32 (16+16). Marco González (P), Oscar Bello (P), Hugo Bregua (3), Hugo Rodríguez, Josemi Martínez, Roi García (8), Iván Sánchez (2), Adrián Veira (6), Adrián Díaz (2), Marco García, Nicolás Casal (3), Nuno Loxo (4), Marcos Regueiro (2), Alejo Martínez (2).

BM.Ingenio: 37 (22+15).  Alejandro Peña, Michael Martín (4), Daniel Muñoz(1), Carlos José Sánchez, Gabriel Sánchez (1), Iván Manuel Sánchez (8), Robin Navarro (2), Daniel Jesús Martín (7), Derek Pulido (5), David Gil De Muro, Rodrigo Ortega (8), Rubén De León (1), Rubén Yagüe, Darío Santana.

Parciais cada 5 ́: 3-2 / 7-7 / 10-12 / 11-14 / 12-18 / 16-22 / Descanso / 21-25 / 24-29 / 26-29 / 27-31 / 31-33 / 32-37 / Final.

Colexiados: Cesar Díaz e Pablo Barreiro.

Incidencias: 2ª xornada no grupo "A" da 1ª nacional masculina. Partido disputado nun municipal de Tarrío.

Fotos Do Partido: https://photos.app.goo.gl/7uZFuj3XYFwraBkB7

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *