Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO INICIA A LIGA DE 1ª NACIONAL DA MELLOR FORMA POSIBLE

O BM.Culleredo viaxaba no día de onte ata O Porriño para dar saída á tempada 2026/27 na primeira nacional e faríao da mellor forma posible, conseguindo a vitoria e por tanto, dous puntos que reafirman o traballo e a creenza dun grupo tan novo. Tras un inicio errático por parte de ambos os conxuntos e unha primeira parte igualada, o BM.Culleredo conseguiría chegar ao tempo de descanso cunha mínima vantaxe (13-14) e unha sensación de poder conseguir algo máis. Despois do 7-7 que reflectía o electrónico ao paso polo ecuador, o BM.Culleredo escapábase cun 1-5 de parcial, pero os locais respondían cun 4-0 para devolver as táboas ao envite (12-12). A vantaxe ao descanso dábase entón por boa á espera de pechar a vía d os erros non forzados e os de lanzamento ante a portería rival. A velocidade e as transicións serían claves no segundo acto, onde os cullerdenses, xa de saída, comezarían a dominar o xogo e o marcador con cómodas vantaxes ata chegar a unha máxima diferenza de oito goles (19-27). Entrábase na recta final do partido e o BM.Culleredo tiña todo de fronte para lograr a vitoria. Aínda que os xogadores de O Porriño non se daban por vencidos e conseguían reducir a diferenza á metade (24-28), os cullerdenses controlaban os últimos instantes para que os dous puntos viaxasen definitivamente ata Culleredo.

BM.Porriño: 26 (13+13).  Saúl Candán, Claudio Duarte, Iñigo Silva, Martín Insua (1), Gabriel Isidro, Xosé Canedo (6), Fernando Mosquera (6), Jesús Maquieira (4), Martín Bar (2), Oliver Orindo, José Álvarez, Martín Rodríguez (3), Pablo Álvarez (1), Eloy Molanes (2), Nahum Pérez, Yago Raimúndez (1).

BM. Culleredo: 31 (14+17). Jorge López (P), Oscar Bello (P) (1), Hugo Bregua (4), Hugo Rodríguez, Josemi Martínez, Roi Fdez, Roi García (4), Iván Sánchez (5), Adrián Veira, Adrián Díaz (3), Marco García, Nicolás Casal (2), Nuno Loxo (2), Marcos Regueiro (5), Alejo Martínez (5),

Parciais cada 5 ́: 3-2 / 5-4 / 7-7 / 8-11 / 12-12 / 13-14 / Descanso / 16-18 / 17-21 / 17-21 / 19-24 / 22-28 / 26-31 / Final.

Colexiados: Gerardo Herrera e Diego Pastoriza.

Incidencias: Primeira xornada no grupo "A" da 1ª nacional masculina. Partido disputado nun municipal de O Porriño con boa afluencia de público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *