
Sabíamos da difícil tarefa do BM.Culleredo Despreocúpate.es a pasada fin de semana no grupo B dos Play-Off a disputar en Carballo. Con dous equipos previsiblemente destacados como eran Montaxes Carballo Xiria e Atl Novás e outro en alza como BM. Abegondo Gás Abegodo, as dúas prazas que daban acceso á liga oro prometían estar moi caras e así se constataría ao longo dos tres días de competición. Con todo e partindo de que queda moito traballo por diante, os mozos do BM.Culleredo Despreocúpate.es completaron unha fase de menos a máis, amosando un importante deficit nas diferentes fases do xogo, pero tamén amplas posibilidades de mellora nos próximos meses a condición de que exista unha óptima predisposición para a aprendizaxe nos adestramentos. A diferenza final ante os locais sería moi ampla no encontro que abría o Play-Off e é que os cullerdenses, despois dun bo comezo, viríanse abaixo rapidamente despois de encaixar un parcial demoledor de 10-1 tras sucesivas perdas e erros non forzados. Así, despois dun inicio igualado cun marcador que reflectía un 7-7 no minuto dez, pasábase a ese 17-8 en cinco minutos que sería o comezo dese camiño que levaría ao equipo a encaixar tan avultada derrota. Os de Culleredo víñanse abaixo animicamente e non mostraban nin a intensidade nin os conceptos claros ante as diferentes propostas dos locais. Os bergantiñáns xa non atoparían resistencia ao seu obxectivo e terminarían por conseguir os dous primeiros puntos en liza sen sobresaltos. Mellor sairían as cousas o Sábado na que sería a segunda batalla da fin de semana. Os Cullerdenses terminarían impoñéndose ao BM. Abegondo Gás Abegondo, sementando a vitoria nun primeiro tempo no que o conxunto evidenciaría algunhas melloras con especto ao día anterior. Aínda que a continuación non sería tan boa, a renda cultivada no primeiro acto (14-21) serviría para chegar ao último día con opcións de clasificación á liga oro. O ultimo e definitivo partido sería un cara a cara entre dous equipos que xogaban o premio gordo e aí, os rosaleiros do ATL.Novás mostraríanse superiores. Con todo, o BM.Culleredo Despreocúpate.es completaría o mellor partido da fin de semana, mostrando especialmente un final de primeiro tempo e un comezo do segundo con intervencións moi interesantes. Na recta final o equipo volvería acumular erros, dándose xa por vencido ante o ATL.Novás, que sería finalmente o que conseguía praza para competir esta tempada na liga Ouro. O BM.Culleredo Despreocúpate.es sufriría demasiados altibaixos ao longo da fase e iso terminaría por pasar factura ás súas opcións de clasificación, pero existen moitos outros aspectos: TEC-TAC, físicos e mesmos mentais que requiren unha mellora para poder competir con equipos de gran entidade. O equipo ten moito marxe de mellora e posibilidades e se existe unha boa predisposición ao traballo, a evolución a recado será moi positiva. Se isto é así, dentro duns meses o grupo acabarase mostrando como un conxunto máis disciplinado tácticamente e con dominio dos procedementos ante os diferentes armazóns defensivos. Da mesma forma, os conceptos na retagarda, materia especialmente deficitaria xunto co repregamento, deberán de irse consolidando, ofrecendo un equipo moito máis contundentre e solidario nas accións colectivas.
1ª XORNADA:
Montaxes Carballo Xiria: 56 (26+30). Rodrigo Rama, LucasRadio, Pablo Martínez, Gonzalo García, Quintín Insua, Gael Romero, Román Pérez, Adrés Gómez, Brais Sánchez, Marco Núñez, Mateo Cotelo, Roi Pérez, Manuel Pombo Mira, Sergio Pérez, Manuel Pombo Fieira, Hector Castro.
BM.Culleredo Despreocúpate.es: 29 (15+14). Xurxo Méndez (p), Jorge García Serantes(p), Francisco Hermo (p), Jorge García García, Oliver Borrazás, Hugo Fariña, Aitor Fariña, Iván Bregua, Mauro López, Hugo Jiménez, Aarón Beade, Nico González, Jacobo Soto, Pablo Cacheiro, Mario Prada.
Parciais cada 5´: 2-3 / 7-7 / 17-8 / 23-11 / 23-12 / 26-15 / Descanso / 33-17 / 37-19 / 41-21 / 45-23 / 51-26 / 55-29 / Final.
Colexiados: André Pena e Martina Regueiro.
2º XORNADA:
BM.Abegondo Gás Abegondo: 32 (14+18). Matías Losada, Mateo Mesías, Adrián Centeno, Hugo Sánchez, Saúl Mallo, Anxo Martínez, Xabier Morandeira, Matías Candal, Sergio Moscoso, Asier Fdez, André Tasende, Rodrigo Núñez, Martín Carro, Tomás Gómez.
BM.Culleredo Despreocúpate.es: 39 (21+18). Xurxo Méndez (p), Jorge García Serantes(p), Jorge García García, Oliver Borrazás, Hugo Fariña, Aitor Fariña, Iván Bregua, Mauro López, Hugo Jiménez, Nico González, Jacobo Soto, Pablo Cacheiro, Mario Prada.
Parciais cada 5´: 4-4 / 8-7 / 10-12 / 10-15 / 12-18 / 14-21 / Descanso / 17-24 / 18-27 / 22-32 / 25-33 / 28-36 / 32-39 / Final.
Colexiados: Pablo Barreiro e Andrés Pedreira.
3ª XORNADA:
BM.Culleredo Despreocúpate.es: 22 (11+11). Xurxo Méndez (p), Jorge García Serantes(p), Fran Hermo (p), Jorge García García, Oliver Borrazás, Hugo Fariña, Aitor Fariña, Iván Bregua, Mauro López, Hugo Jiménez, Nico González, Jacobo Soto, Pablo Cacheiro, Mario Prada.
ATL.Novás: 37 (17+20). Iago González, Antón Alonso, Nicolás Español, Nicolás Freiría, Marco Martínez, Diego Rodríguez, Xavier Pereira, Marco Calvo, Iker Franco, Mario González, Tomás De La Fuente, Alex Martínez, Carlos Novelle, Filipe Joao Ribeiro Soares, Guilherme Barbeitos Sousa.
Parciais cada 5´: 1-4 / 2-6 / 2-9 / 4-11 / 6-16 / 11-17 / Descanso / 15-22 / 18-25 / 19-26 / 20-29 / 21-33 / 22-37 / Final.
Colexiados: Renzo Martín e Hugo Bello.
