Saltar ao contido

UN FISIOTERAPIA DE MENOS A MÁIS DA A CARA ANTE O LIDER DO GRUPO O LAVADORES

Último encontro do Fisioterapia Benestar, que visitaba o U.B. Lavadores, un equipo moi correoso que conta con algunhas das mellores xogadoras da categoría. Pero as nosas querían demostrar que o partido fronte ao Lalín fora só un espellismo.

Aínda así, o inicio non foi nada bo, xa que se sucedían os mesmos erros de situacións anteriores, tanto nos encontros como nos adestramentos. A identificación das situacións eficaces, os erros no lanzamento e a falta de repregamento colectivo estaban a lastrar o Fisioterapia Benestar, que foi collendo algo máis de ritmo co paso dos minutos. Iso si, o marcador xa reflectía un 9-3.

Con moitas dificultades na fase ofensiva, de novo o equipo cullerdense non estivo fino e apenas conseguía anotar cinco goles. Moi pouca bagaxe para poder competir un encontro. Porén, na fase defensiva o conxunto estivo moito máis correcto, e foi precisamente esa fase a que permitiu manterse dentro do partido.

Resultado ao descanso: U.B. Lavadores 13-5 BM Culleredo Fisioterapia Benestar

Na segunda metade, as nosas guerreiras cambiaron a súa cara a nivel ofensivo e comezaron a atoparse máis cómodas, incluso conseguindo correr nalgunhas situacións de contraataque.

Co cambio de sistema ofensivo a un 2:4 directo, o Fisioterapia Benestar comezaba a conseguir situacións efectivas de lanzamento e, desta vez, tamén a transformalas en gol. O xogo fluía moito máis e o equipo cullerdense cambiaba totalmente. Estabamos ante unha segunda metade cullerdense cambiaba totalmente. Estabamos ante unha segunda metade moi diferente á primeira.

A disciplina e a garra das xogadoras estaban presentes e cambiaron por completo o encontro, chegando incluso a reducir a vantaxe local ata os 5-6 goles. Na fase defensiva, despois de axustar algunhas situacións, o conxunto recuperou sensacións e volveu amosar moita máis seguridade.

Mágoa dos últimos cinco minutos, nos que o Fisioterapia Benestar non estivo acertado e deixou que a diferenza volvese medrar no marcador. Aínda así, coñecemos o camiño e a forma na que debemos actuar en todo momento.

Hai que saír sempre ao máximo nos encontros. Non podemos esquecer a disciplina nin o noso modelo de xogo, aspectos innegociables na nosa base.

Noraboa pola segunda metade, porque marca o camiño a seguir. Aínda estamos comezando e agora toca continuar traballando e construíndo as nosas bases de xogo.

Agora toca esperar o sorteo do Play Off para decidir quen está na liga Ouro ou Prata , no que os obxetivos e a ilusión non se modifican.

Resultado final U.B Lavadores 30- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 19

U.B Lavadores Vigo: Iris Santana, Sara Limes, Leire Alonso , Noelia Villaravid, Aroa Alvarez, Lcia armesto , Antia Perez, Nora Rodriguez, Anxela Rey, Mara Fernandez, Lorena Vila, Paula Daniela

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Sara Fernadez, Aldara Piñeiros, Luana Gómez, Cintia Miguez, Antia Ferreño, Alba Fernández, Eva Outón , Rosalia Veiga, Lola Romero , Daniela Pérez,Carmela Erias, Maria Otero, Martina Arroyo.

Parciais cada 5`: 3-1/6-2/9-3/10-3/12-5/13-5/15-8/18-10/21-12/22-16/26-19/30-19

Árbitros: Luis Fernández

Inicidencias: 3 xornada da fase de clasificación do grupo A .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *