Saltar ao contido

Gran encontro do Despreocúpate.es que se queda a nada da vitoria

Partido compricadísimo o que afrontaban os nosos cadetes do Despreocúpate o pasado mércores en Almeiras, recibindo ao Asmubal Meaño, equipo moi potente físicamente e que viña cunha racha de resultados moi abultados.

Comezaban os nosos rapaces cunha atitude incrible que lles permitía loitar de ti a ti contra o Meaño, sen embargo a nivel defensivo estábamos a sufrir coas situacións de 2x2 das que conseguían sacar moito proveito. Na fase ofensiva, conseguíamos imprimirlle un bo ritmo ao balón e despois de dar continuidades desprazando aos defensores éreamos quen de atopar situacións de penetración ou gañar accións por fóra aos nosos extremos.

Con isto a igualdade sería máis que evidente indo 1 gol abaixo ao descanso!

Xa no segundo tempo, o noso comezo non era o adecuado, as presas dos nosos daban lugar a perdas impropias do nivel do encontro e estábamos sendo duramente castigados por elas, chegando os de Meaño a poñere con ata 5 goles de vantaxe.

Chegaba entón a reacción dos nosos que conseguían reducir a diferenza aos 3 goles, cunha maior atitude defensiva e unha agresividade da nosa 5:1 que nos resulta imprescindible para competir. Co paso dos minutos chegarían tamén paradas importantes da nosa portería o que nos permitía correr e igualar un encontro que se vía costa arriba minutos atrás. Nos derradeiros 5 min de xogo reinou o caos por parte dos 2 equipos, cun intercambio contínuo de golpes que non cambiaría nada e se pecharía co 44-44 final.

Gran encontro dos nosos, no que máis alá do resultado hai que destacar sen dúbida a atitude que houbo dende o principio e que desta volta, ainda a pesares de ir 5 goles abaixo, nunca lle perderon a cara ao encontro. Noraboa rapaces!

Bm Culleredo Despreocúpate.es: 44 (21+23) Óliver, Hugo Fariña, Aitor, Iván, Xurxo, Jorge G. Serantes, Jorge G. García, Hugo Jiménez, Nicolás, Jacobo e Pablo.

Asmubal Meaño: 44 (21+23) Unai, Cristian, Gabriel, Martín Muñiz, Martín Vilas, Mario, Arón, Nuno, Eloy, Marcos, Mateo e Nicolás.

Resultados cada 5´: 4-4 / 8-8 / 11-10 / 13-13 / 17-19 / 20-21 / DESCANSO / 25-28 / 27-32 / 33-36 / 36-39 / 40-40 / 44-44 / FINAL.

Árbitro: Ángel Mateos Alonso.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Fase de Clasificación cadete masculina do Grupo B.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *