Saltar ao contido

Gran encontro do Cristalería Gestal

Recibían os nosos rapaces do Cristalería Gestal nesta 3ª xornada da Fase de Clasificación ao U.B. Lavadores Vigo. Os visitantes partían como favoritos e como un dos equipos máis fortes da categoría sen dúbida, pero os nosos sairon ao campo decididos a amargarlles a mañá de sábado.

Comezaba o encontro cun intercambio de goles por parte de ambos equipos, xogando a un ritmo moi alto que nos deixaba ata 15 goles nos primeiros 10 minutos. A igualdade era máxima, cun Lavadores moi perigoso sobre todo no seu lateral esquerdo cun Darío moi potente e que amezaba co seu lanzamento dende fóra dos 9m. Por parte do Cristalería Gestal, conseguíamos levar o balón con espazo cara fóra a partires das fixacións e a continuade da primeira liña, dando multitude de lanzamentos claros aos nosos extremos.

Co paso dos minutos seríamos quen de ir controlando os ataques dos de Vigo, freando as situacións que xogaban sacando por fóra aos extremos e aparecendo axudas definitivas que sobre todo puidesen freala progresión de Darío.

Na segunda parte non variaba moito o guión ata que quedaban uns 12 min, donde algunhas situación de precipitación (froito dos nervios), nos facían perder balóns que lles permitían aos vigueses poñerse 2 goles arriba. Nos derradeiros 5 min co encontro igualado no marcador, os erros de lanzamento e o acerto da defensa visitante impedíanlle ao Cristalería Gestal levarse o partido.

Gran encontro dos nosos rapaces, que amosaron auténtica capacidade de loitar e creer ata o final ademáis dun moi bo xogo para o momento no que nos atopamos da tempada. De seguro que se siguen nesta liña teremos unha tempada chea de emocións e alegrías, sen dúbida, este é o camiño ao éxito!

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 35 (19+16) Pedro, Adán, Mateo, Adrián, Guillermo, Leo, Jorge, Rubén, Roi, Daniel, Marco, Íker e Martín.

U.B. Lavadores Vigo: 40 (19+21) André, Bieito, Mateo, Darío, Mauro, Javier, Gabriel, Alexandre, Marcos, Matías e Carlos.

Parciais cada 5´: 3-2 / 8-7 / 13-13 / 15-16 / 19-19 / DESCANSO / 23-22 / 26-27 / 28-30 / 32-32 / 35-40 / FINAL.

Árbitros: Víctor Pérez e Alexis Martínez.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Fase de Clasificación Grupo B.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *