Saltar ao contido

O mal inicio do Remax Riazor impídelles competir

Este sábado afrontaban as rapazas do Remax Riazor un partido moi compricado ante un rival de moi alto nivel, o Porriño. Chegaban as nosas cheas de ilusión a este primeiro encontro da tempada para elas, pero pola contra chegaban tamén cheas de nervios.

O inicio do encontro deixaba ver claramente os nervios das nosas, que estaban irrecoñecibles e non conseguían levalo entrenado á pista. En ataque a falta de xogo sen balón impedíanos conseguir nada, con ataques diretos a partires do bote e sen continuidade cara as esquinas facíamoslle moi fácil o traballo a un Porriño que non sufría.

Na fase defensiva sabíamos que ía a ser difícil ante un Porriño con tantas armas, pero a nosa falta de contundencia e os desaxustes contínuos regalábanlle ás visitantes accións demasiado claras. Con isto chegaríamos ao descanso cun 3-12 no marcador.

Tralo paso por vestiarios veríamos por fin a verdadeira cara deste Remax Riazor, era xa outro encontro completamente diferente donde as nosas se amosaban moito máis activas e agresivas na faceta defensiva, compricando moito o ataque do Porriño. Sucedíanse as axudas e incluso aparecían algunhas desposesións que nos daban a posibilidade de competir.

En ataque comezábamos a xogar algo máis sen o balón e a conseguir dar as cotinuidades oportunas, chegando a numerosas ocasións dende a esquina donde soamente a porteira rival nos freaba.

Sen embargo, os folgos non chegaban para os derradeiros 10 min, donde o Porriño volveu a ser superior, pero nunca como na primeira parte.

Toca aprender de todos os erros cometidos, quitarse xa esos nervios e sobre todo ser conscientes de que se a atitude é a dos primeiros 15 min do 2 período podemos competir con quen sexa!

Bm Culleredo Remax Riazor: 11 (3+8)Mariña, Ana, Sofía, Sara, Olivia, Paula, Celtia, Lucía, Daniela, Valeria, Andrea e Sabela.

Asmubal Meaño: 25 (12+13) Naihara, Olivia, Paula, Lucía, Angelina, Noa, Mara, Carla, Daniela, Sara, Noa e Sara.

Árbitro: Víctor Pérez Arias

Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da Fase de Clasificación infantil feminina Grupo E.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *