
O BM.Culleredo Galaico Caravaning conseguíu unha cómoda vitoria no día de onte na súa visita ao Porriño e, desta forma, logra a segunda praza do seu grupo ao termo da Fase de Clasificación. Os cullerdenses comezaron o partido de forma inmellorable: Intensos, concentrados e exhibindo un alto ritmo que lles levaría a ese 0-4 e 2-7 inicial, obrigando ao adestrador local a solicitar o seu primeiro tempo morto. Tras un primeiro tempo plácido e sen sobresaltos, de absoluto dominio visitante, os cullerdenses chegarían ao descanso cunha vantaxe de seis goles (10-16), diferenza que chegaría a unha máxima de oito nestes primeiros trinta minutos (5-13). Na continuación, o equipo de Culleredo caería no erro o pensar que o envite estaba finiquitado e o baixón de intensidade aproveitaríao o seu rival para establecer un parcial de 9-5 nos primeiros minutos e achegarse a unha perigosa distancia de tan só dous goles cando quedaban aínda vinte minutos por disputar (19-21). Tras uns instantes de certa incerteza, xerada por este erro de confianza e indolencia momentanea do BM.Galaico Caravaning, os cullerdenses voltarían apertar o acelerador na recta final e a elevar o seu ton defensivo para establecer un novo e contundente parcial nos últimos quince minutos (3-10) que despexaba todas as dúbidas e outorgaba os dous puntos en xogo aos visitantes.
BM.Porriño: 23 (10+13) - BM.Culleredo Galaico Caravaning: 33 (16+17)
BM.Culleredo Galaico Caravaning: Jorge Amor (p), Mateo Basanta(p), Adrián Aneiros, Hugo Bermúdez, Guillermo Blanco, Hugo Bregua, Martín Casal, Iván Gantes, Teo Gómez, Beltrán González-Camino, Isaac Lorenzo, Alexis Martínez, Diego Rodríguez.
Parciais cada 5´: 0-4 / 2-7 / 4-19 / 5-13 / 8-14 / 10-16 / DESCANSO / 13-18 / 19-21 / 20-23 / 20-27 / 22-31 / 23-33 / FINAL
Árbitros: Brais Ledo e Ari Pacheco Steinunnarson.
Incidencias: Terceira e última xornada no grupo B da Fase de clasificación xuvenil. Partido disputado na tarde do Sábado 29 no municipal de O Porriño.
