Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CONTINUA A SÚA PREPARACIÓN E CAE NO SEU TERCEIRO TEST DE PRETEMPORADA

O BM.Culleredo acudía o pasado venres ao Vila De Noia de Carballo para enfrontarse ao Calvo Xiria no que sería o seu terceiro test de pretemporada. Os cullerdenses comezaron mellor o encontro que o seu rival, dominando no xogo e no marcador, pero perdoando en exceso ante o porteiro rival a posibilidade de aumentar os seus algarismos e a diferenza no electrónico. Tanto perdoou o BM.Culleredo, que os locais tiveron suficiente tempo para ir mellorando as súas prestacións ata poñerse por diante unha vez chegábase a termo do primeiro acto (14-13). O segundo tempo sería de dominio local e o BM.Culleredo facilitaba moito a vantaxe do Calvo Xiria debido aos seus numerosos erros, tanto fronte á portería bergantiñán como ás imprecisións nos pases. Dous penaltis materializados fronte a sete errados, é un dos moitos exemplos de ineficacia que alonxaría a o BM.Culleredo de estar máis preto da vitoria. O xogo, excesivamente estático no posicional, facilitaba moito o labor defensiva dos carballeses, que impoñían a súa contundencia na retagarda. O partido terminaría cun resultado global de 28-23 e con moito conclusións sobre o que o equipo de Culleredo debe de mellorar de aquí ao comezo de liga, alá por mediados de Setembro.

Calvo Xiria: 28 (14+14). Antonio Mato (P), Darío J. Calviño (P), Gabriel Castiñeiras, David García, Diego Gago, Jorge Bouzas, Senén Garea, José Manuel Negreira, Pablo Veiga, Desale López, Julián García, Saul Fuentefría, Hugo Rodríguez, Nicolás Cancela, Samuel Veiga, Dani Periscal.

BM.Culleredo: 23 (13+10). Oscar Bello (P), Marco González (P), Jorge López (P), Adrián Aneiros (1), Hugo Bregua (1), Adrián Díaz, Roi García (3), Marcos Regueiro (5), Teo Gómez (2), Roi Fdez, Hugo Rodríguez, Iván Sánchez (4), Adrián Veira, Nico Casal (5), Nuno Loxo (1), Alejo Martínez (1).

Árbitros: Pablo Barreiro e Ari Pacheco.

Incidencias: Terceiro encontro nesta pretemporada para o BM.Culleredo e segundo amigable. Partido disputado no pavillón Vila De Noia de Carballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *