Saltar ao contido

SEMANA DE DOBRE ENFRONTAMENTO PARA O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES CON DISTINTO RESULTADO

O pasado mércores o BM.Culleredo Despreocúpate.es iniciaba a fase de clasificación nesta tempada 2026/27. Visitaba Almeiras o Balonmán Chapela, nun duelo que ao cabo terminaría caendo ao lado local por un amplo resultado (45-15). Os cullerdenses mostráronse moi superiores desde o inicio, adoptando unha intensidade alta desde os primeiros instantes que lles levaría a ser dominadores desde a súa parcela defensiva. As interceptacións sucedíanse, forzando os erros do seu rival e abrindo a vía da transición para conseguir goles fáciles en 1x0. Con 26-9 ao finalizar o primeiro acto, o partido dábase por finiquitado a favor do BM.Culleredo Despreocúpate.es, que continuaría aumentando a súa vantaxe ata pechar marcador alcanzados eses trinta goles de diferenza cando aínda quedaban minutos por disputar. A diferenza entre ambos os conxuntos no día de hoxe faríase moi evidente, cos cullerdenses mostrándose moi superiores en todas as facetas do xogo ata conseguir a primeira victroia da tempada. Moi diferente serían as cousas o Sábado 22 na visita ao municipal do Porriño, xa que o BM.Culleredo Despreocúpate.es, despois dun inicio onde se topaba unha e outra vez coas intervencións exitosas do porteiro local, sumíase nun contexto de frustración xerado pola precisión fronte á portería rival. O BM Porriño tomaba a dianteira e os cullerdenses terminaban por ceder ante a súa propia desesperación, pasando dun parcial de 15-11 no ecuador do primeiro acto a un 20-12 no minuto vinte. Todo se precipitaría na recta final do primeiro tempo e o BM.Culleredo Despreocúpate.es retiraríase a vestiarios cun doloroso 30-20 ao termo dos primeiros trinta minutos. O partido estaba virtualmente resolto para os locais, que gozarían dun segundo tempo tranquilo grazas á diferenza adquirida con anterioridade. Os erros ante a portería rival e a inoperancia defensiva, levarían ao BM.Culleredo Despreocúpate.es a encaixar trinta goles nunha primeira parte que condicionaría o resto do partido e, a pesar da mellora no segundo tempo, en que se encaixarían menos da metade dos goles, o reto estaba tan costa arriba que non habería lugar á remontada.

BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS BALONMÁN CHAPELA

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 45 (26+19). Xurxo Méndez (P), Jorge García Serantes (P), Fran Hermo (P), Oliver Borrazás, Hugo Fariña, Aitor Fariña, Iván Bregua, Jorge García García, Mauro López, Hugo Jiménez, Nico González, Jacobo Soto, Pablo Cacheiro, Mario Prada.

Balonmán Chapela: 15 (9+6). Alejandro Blanco, Brais Rón, Nicolás Álvarez, Lucas López, Iago Lago, Pablo Suárez, Pepe Álvarez, Kyrylo Borysenkov.

Parciais cada 5´: 5-1 / 9-1 / 16-2 / 18-3 / 22-5 /26-9 / DESCANSO / 32-10 / 35-13 / 40-14 / 42-15 / 45-15 / FINAL

Árbitros: Jorge Sánchez e Hugo Bello.

Incidencias: Partido correspondente a primeria xornada do grupo B da Fase De Clasificación. Encontro disputado no polideportivo de Almeiras.

BALONMÁN PORRIÑO VS BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

Balonmano Porriño: 44 (21+23). Izan, Breixo, Oier, Mateo, Mario, Adrián, Winner, Daniel, Mateo, Levi, Hugo e Jonas.

Bm Culleredo Despreocúpate.es: 26 (13+13). Francisco Hermo (P), Xurxo Méndez (P), Jorge G. Serantes (P), Óliver Borrazás, Hugo Fariña, Aitor Fariña, Iván Bregua, Jorge G. García, Mauro López, Hugo Jiménez, Nico González, Jacobo Soto, Pablo Cacheiro e Mario Prada.

Resultados cada 5´: 3-0 / 9-4 / 12-7 / 16-8 / 17-11 / 21-13 / DESCANSO / 25-15 / 30-17 / 31-20 / 35-22 / 40-25 / 44-26 / FINAL.

Árbitro: Carlos Manuel Alonso González.

Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da fase de clasificación cadete masculina do Grupo B. Encontro disputado no municipal de O Porriño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *