
O BM.Culleredo Galaico Caravanig comezou a pasada fin de semana a súa andaina no Grupo B da Fase De Clasificación 2026/27. Dous partidos na fin de semana para completar un inicio intenso e con moita carga de traballo. O primeiro partido disputábase na matinal do Sábado en Almeiras e enfrontaba a dous equipos que se coñecen de corrida e que aspiran sempre ás máximas cotas no balonmán galego. Culleredo e Cisne, víanse as caras nun duelo que, con permiso de Cañiza e Porriño, podería decantar o equipo que consiga ser cabeza de serie nos próximos Play-Off, en canto termine esta primeira fase. O Domingo en cambio, os cullerdenses viaxaban ata A Cañiza na procura de dous importantes puntos a domicilio. Así como este partido transcorreu sen historia e cunha superioridade evidente por parte dos cullerdenses de principio a fin, o primeiro encontro foi sufrido e pasou por etapas de altibaixos para os intereses locais. O comezo foi esperanzador e aínda que a igualdade predominaba no electrónico, o BM.Culleredo Galaico Caravaning desperdiciaba claras oportunidades diante da portería rival para ampliar a diferenza. Entón, xurdíu o momento inexplicable no que o equipo entrou en barrena e, alcanzado o ecuador do primeiro acto, un 0-7 de parcial elevaba as posibilidades dos visitantes de forma exponencial. Os de Culleredo precipitábanse ante a 5:1 dos visitantes, aparecendo múltiples erros non forzados, fallos de lanzamentos e de pase... eran agasallos demasiado zumarentos para os pontevedreses, que ao finalizar os primeiros trinta minutos xa gozaban dunha máis que cómoda vantaxe (7-15). Aínda que o BM.Culleredo melloraría substancialmente na segunda parte, chegando mesmo a superar o seu rival no parcial deste tempo (16-14), a desvantaxe sería tal que non alcanzarían a darlle a volta ao marcador, sufrindo así a súa primeira derrota (23-29). Foi así como os puntos da Cañiza facíanse totalmente necesarios no escenario do Domingo e aí, apesar de non realizar un bo encontro, o BM.Culleredo non fallaría e conseguiría o obxectivo da vitoria por un contundente 27-45.
BM.CULLEREDO GALAICO CARAVANING VS CISNE COLEGIO LOS SAUCES
BM.Culleredo Galaico Caravaning: 23 (7+16). Mateo Basanta (P), Jorge Amor (P), Hugo Bregua, Adrián Aneiros, Iván Gantes, Alexis Martínez, Jairo Candamio, Martín Casal, Alejandro Soto, Beltrán González-Camino, Teo Gómez, Hugo Bermúdez, Diego Rodríguez, Guillermo Blanco.
Club Cisne Colegio Los Sauces: 29 (15+14). Hugo Carreira, Manuel García, Nicolás Otero, Nicolás Montoya, Luis Montoya, Roi Rey, Brais Rodríguez, Iago Adelaide, Carlos Redondo Xoel Lago, Nicolás Vidal, Anxo Figueroa, Gael Fdez, Ignacio Maceiras.
Parciais cada 5´: 2-2 / 3-3 / 4-4 / 4-8 / 4-11 / 7-15 / DESCANSO / 9-18 / 12-21 / 15-23 / 17-25 / 21-27 / 23-29/ FINAL
Árbitros: Andrés Pedreira e Juan Carlos Amedo.
Incidencias: Partido da segunda xornada no grupo B da Fase De Clasificación disputado nun polideportivo de Almeiras que rexistroiu unha boa entrada.
XESTASERVI BM.CAÑIZA VS BM.CULLEREDO GALAICO CARAVANING
Xestaservi BM.Cañiza: 27 (12+15). Miguel Saenz, Kevin López, Roi Álvarez, Erik Gómez, Anxo Carpintero, Pablo Domínguez, Pablo Lorenzo, Gabriel Domínguez, Daniel Domínguez, Rodrigo Teijeira.
BM.Culleredo Galaico Caravaning: 23 (7+16). Mateo Basanta (P), Jorge Amor (P), Hugo Bregua, Adrián Aneiros, Iván Gantes, Alexis Martínez, Jairo Candamio, Martín Casal, Alejandro Soto, Teo Gómez, Hugo Bermúdez, Diego Rodríguez, Guillermo Blanco.
Parciais cada 5´: 1-4 / 2-5 / 4-10 / 7-13 / 9-15 / 12-19 / DESCANSO / 13-23 / 13-28 / 15-33 / 18-37 / 24-40 / 27-45 / FINAL
Árbitros: André Pena e Martina Regueiro.
Incidencias: Partido da primeira xornada no grupo B da Fase De Clasificación e aprazado no seu día. Encontro disputado no municipal da Cañiza.
