Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES PON O BROCHE Á COPA FEDERACIÓN COMO LÍDER DO SEU GRUPO

O BM.Culleredo Despreocúpate.es pechou o ano competitivo co seu último partido en Almeiras, conseguindo un empate que lle serve para terminar como líder do grupo Norte na Copa Federación. Non foi o mellor encontro por parte de ningún dos dous conxuntos, dentro dun torneo que, aínda que oficial, colócase como secundario detrás e a distancia da liga Ouro. A parte do escaso interese competitivo, notáronse tamén as cinco importantes baixas dos cullerdenses e a altura da tempada na que nos atopamos, un coctel que favoreceu o escaso ritmo de xogo e os moitos erros non forzados por parte de ambos os conxuntos. Os dous equipos limitáronse a cumprir o trámite sen excesiva intensidade, empuxados por unha inercia que non ocultaba as subidas e baixadas dos uns e os outros dentro da igualdade reinante. Despois dunha diferenza mínima no descanso a favor dos visitantes (17-18) e un parcial esperanzador para os cullerdenses na continuación que volteaba o marcador (23-22), as táboas volverían reinar no electrónico ao paso polo ecuador do segundo acto, dando pé a unha recta final dominada polo BM.Línea 21, que establecía unha diferemncia de tres goles que parecía definitiva. Nun último arreón dos locais e cun gol a falta de escasos segundos, o BM.Culleredo Despreocúpate.es conseguiría esa igualada que lles outorga o primeiro posto do seu grupo e o que é máis importante, o broche a unha fantástica tempada

Bm Culleredo Despreocúpate.es: 34 (17+17). Fran Hermo (P), Martín Casal, Mauro Fdez, Antón Rodríguez, Teo Gómez, Alex Soto, Iván Gantes, Alexis Martínez, Javi Orge, Aarón Beade, Beltrán González-Camino, Jacobo Soto, Guillermo Blanco.

BM.Línea 21 Reformas Coruña S.L: 34 (18+16). Gabriel Bascoy, Mateo Curto, Jacobo Pousada, Hugo Aneiros, Aitor Vidal, Tomás Castro, Iago Muiño, Luis Henrique Paiva, Marko Valcarce, Daniel Bra, Alejandro Vilariño, Manuel Caamaño, Yago Santos, Malick Costoya.

Parciais cada 5´: 3-2 / 6-7 / 9-10 / 12-13 / 14-15 / 17-18 / Descanso / 19-20 / 23-22 / 26-26 / 28-29 / 30-33 / 34-34

Colexiada: Martina Regueiro.

Incidencias: Partido correspondente á derradeira xornada da Copa Federación (Grupo Norte) en categoría cadete masculino. Partido disputado no polideportivo de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *