
Derradeiro encontro da tempada para os nosos xuvenís o vivido o pasado Sábado no municipal de Almeiras.A primeira metade estivo marcada polos erros en lanzamentos claros dende os 6 metros e tamén pola lentitude no ataque e na pouca presenza de xogo colectivo en prol de accions individuais.O Balonmán Atlantico aproveitouno e foi dominador durante os primeiros 30 minutos ainda que con vantaxes curtas.Na 2° metade ,esperabase a reacción dos xogadores cullerdenses que salvo pequenos arreons individuais nunca apareceu polo que o encontro estivo moi trabado con pouco ritmo e ningún dos equipos conseguía dominar.Tanto foi así que o remate dos 60 minutos o resultado era de empate a 19 goles.
Destacar que 7 dos nosos xogadores remataron a súa etapa xuvenil despois de moitos anos formándose nas distintas categorías do clube.

