
O BM.Culleredo Despreocúpate.es disputou a fase do intersector nacional esta pasada fin de semana en Alcobendas. Dentro do Grupo "E", os cullerdenses enfrontaríanse á Fundación Kutxabank Cbm de Córdoba e ao equipo maño de Clínica Dental Ag Zaragoza La Jota. Unha vez superados con solvencia estes dous enfrontamentos, esperaría na gran final, que daba unha praza para estar entre os oito mellores equipos de España, o BM.Alcobendas, un anfitrión que á súa vez, desfixérase previamente con contundencia do Zaisa Bidasoa de Irún e o Unión Balonmán Pacense de Badajoz. A primeira cita do BM.Culleredo Despreocúpate.es foi ante o conxunto cordobés Fundación Kutxabank Cbm, que chegaba á este partido despois de derrotar ao conxunto aragonés La Jota. Os cullerdenses asinaron un partido excelso, cun xogo fluído e vistoso que desarbolaría aos andaluces desde o principio. Un 7-2 de parcial inicial obrigaba ao técnico cordobés a esgotar o seu primeiro tempo morto, aínda que non lograría reconducir aos seus pupilos, que ao descanso xa perdían por unha diferenza dificilmente recuperable (21-12). Nun intento desesperado de reducir as diferenzas, o conxunto andaluz conseguiría achegarse ata os cinco goles, pero nunha recta final sobria e contundente, o BM.Culleredo Despreocúpate.es conseguiría a súa primeira vitoria e unha diferenza que lle daba moitas opcións para estar na final do Domingo (39-27). Na segunda xornada ante os maños do BM. La Jota, o equipo de Culleredo basearía o plan do partido nunhas rotacións imprescindibles para refrescar aos que máis minutos acumulaban. O encontro non resultou tan lucido no xogo como o anterior, pero os cullerdenses constatarían igualmente unha superioridade evidente que lles outorgaba unha nova vitoria (37-30) e, con ela, o pase á gran final. O Domingo esperaba o gran conxunto local, o BM.Alcobendas, un equipo que superara aos seus rivais anteriores sen maior esforzo e que se mostrou como un conxunto intimidatorio e esmagador en canto ao ritmo que imprime nas catro fases do xogo. pero o Bm. Culleredo Despreocúpate.es, converteuse nese equipo respondón que conseguiría igualar o nivel competitivo dos madrileños, baseándose nunha férrea defensa 6:0 e un fantástico balance defensivo para inutilizar a temida transición dos locáis. Ao ecuador chegábase cun 13-10 que deixaba o desenlace moi aberto para a segunda parte, un desenlace que caería, de xeito definitivo, en favor do BM.Alcobendas nos dez minutos finais, cando os cullerdenses acusaban de forma notoria a fatiga acumulada. A encomiable entrega non sería suficiente ante o talento rival e cos depósitos de enerxía ao mínimo, o BM.Culleredo Despreocúpate.es terminaría por ceder dous puntos que daban o pase ao Top 8 aos madrileños. Non obstante, a imaxe competitiva e o xogo mostrado polo equipo nestes días, convérteos, como subcampións deste intersector, nunha xeración que deixou o listón no máis alto do balonmán nacional.
1º PARTIDO: BM CULLEREDO DESPREOCUPATE.ES vs FUNDACION KUTXABANK CBM / CAMPEONATO ESTATAL CM
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 39 (21+18). Xurxo Méndez (P), Fran Hermo (P), Iago Bolaños (P), Javi Orge, Mauro Fdez, Aarón Beade, Beltrán González-Camino, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Martín Casal, Alex Soto, Jacobo Soto, Alexis Martínez, Iván Gantes, Guillermo Blanco.
Fundación Kutxabank Cbm: 27 (12+15). Jesús Junguito, Pablo Rojano, Pedro Berastegui, Gonzalo Gil, Daniel Páez, Mateo Tordable, Iker Castro, Jaime López, Alberto Álvarez De Sotomayor, Jaime Manuel Velasco, Unai Martos, Christian De Paula, José Martínez, Emilio Sanz, Mario García, Rubén Camarasaltas.
Parciais cada 5 ́: 2-1 / 8-2 / 11-5 / 15-8 / 18-9 / 21-12 / Descanso / 26-16 / 29-20 / 30-24 / 32-27 / 35-27 / 39-27.
Colexiados: Daniel Herguedas e Gonzalo Delgado.
Incidencias: 2ª xornada do intersector nacional (Sector E - Grupo II). Partido disputado no Pabellón De Los Sueños, en Alcobendas.
2º PARTIDO: CLINICA DENTAL AG ZARAGOZA BM LA JOTA vs BM CULLEREDO DESPREOCUPATE.ES / CAMPEONATO ESTATAL CM
Clínica Dental AG Zaragoza BM. La Jota: 30 (16+14). Hugo Yuste, Eloy Barca, Juan Ignacio Sanz, Aritz Torres, Martín Pérez, Pablo Vázquez, Rubén López, Alberto Sanz, Alejandro Lobaco, Octavio Benedi, Álvaro Gistas, Guillermo Múñoz, Javier Zaldívar, Juan Tovar, Iván González, Jorge Arias.
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 37 (20+17). Xurxo Méndez (P), Fran Hermo (P), Iago Bolaños (P), Javi Orge, Mauro Fdez, Aarón Beade, Beltrán González-Camino, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Martín Casal, Alex Soto, Jacobo Soto, Alexis Martínez, Iván Gantes, Guillermo Blanco.
Parciais cada 5 ́: 2-2 / 4-6 / 8-9 / 11-13 / 14-17 / 16-20 / Descanso / 18-23 / 22-25 / 25-27 / 26-31 / 29-33 / 30-37.
Colexiados: Sergio Cantero e Sergio Roldán.
Incidencias: 3ª xornada do intersector nacional (Sector E - Grupo II). Partido disputado no Pabellón De Los Sueños, en Alcobendas.
3º PARTIDO: ACADEMIA BALONMANO ALCOBENDAS vs BM CULLEREDO DESPREOCUPATE.ES / CAMPEONATO ESTATAL CM
Academia BM. Alcobendas: 30 (13+17). Alejandro Mayoral, Manuel Castaño, José Cuevas, Logan Laval, Aritz Vicente, Javier Arenas, Gonzalo Pérez, Pablo Pérez, David Vázquez, Alejandro Muro, David Maroto, Gonzalo Olivares, Diego Sánchez, Sergio Muriel, Pablo Argañaras.
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 24 (10+14). Xurxo Méndez (P), Fran Hermo (P), Iago Bolaños (P), Javi Orge, Mauro Fdez, Aarón Beade, Beltrán González-Camino, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Martín Casal, Alex Soto, Jacobo Soto, Alexis Martínez, Iván Gantes, Guillermo Blanco.
Parciais cada 5 ́: 3-0 / 5-3 / 6-5 / 9-6 / 10-9 / 13-10 / Descanso / 15-13 / 18-15 / 21-17 / 24-19 / 27-21 / 30-24.
Colexiados: Alberto Hernández e Germán Arteaga.
Incidencias: 4ª xornada do intersector nacional (Sector E - Grupo II). Partido disputado no Pabellón De Los Sueños, en Alcobendas.
