
O BM.Culleredo Despreocúpate.es, continua con paso firme no grupo Norte da competición de Copa Federación, conseguindo unha nova vitoria ante o Club BM.Abegondo que lles mantén como líder invicto despois de tres xornadas disputadas. Con todo, o partido careceu da intensidade e atención desexada, especialmente en tarefas defensivas, cuns xogadores cullerdenses máis pendentes do sector estatal a próxima semana que na cita copeira. Tras un comezo errático, o BM.Culleredo comezou a impoñer o seu maior talento e calidade, evidenciando, sobre todo en ataque, unha superioridade manifesta que se impoñía con autoridade á retagarda local. O marcador, que reflectía un contundente 15-25 no tempo de descanso, sentenciaba virtualmente o encontro. Na continuación, o BM.Culleredo Despreocúpate.es sairía ao 40x20 do polideportivo Fernando González Laxe de Cerceda moito máis aplicado en tarefas defensivas, o que provocaría recuperacións e interceptacións para lanzar ao equipo nun parcial de 1-4 (16-29). A maquinaria xa se parecía máis á imaxe que o equipo dera na pasada Final Four e o marcador disparábase ata un 18-33 cando se chegaba ao minuto corenta. Con todo decidido e alcanzado o ecuador, os cullerdenses volverían baixar de novo o ritmo, asumindo como trámite uns últimos minutos que transcorreron sen ningunha recensión significativa.
Club BM.Abegondo: 32 (15+17). Hugo Villar, Mateo Mesías, Román Fdez, Roque López, Teo García, Luca Verdemas, Breixo Reigosa, Anxo Martínez, Matías Candal, Sergio Moscoso, Asier Fdez, Rodrigo Núñez.
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 50 (25+25). Xurxo Méndez (P), Javi Orge, Mauro Fdez, Aarón Beade, Beltrán González-Camino, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Martín Casal, Alex Soto, Guillermo Blanco.
Parciais cada 5 ́: 5-5 / 6-8 / 6-12 / 7-16 / 12-20 / 15-25 / Descanso / 16-29 / 18-33 / 21-37 / 25-41 / 28-45 / 32-50.
Colexiado: Segundo Suárez.
