
Un BM.Culleredo Cristalería Gestal con ata seis ausencias, non puido superar ao BM Línea 21 Autoescola Copaco na última xornada da segunda fase da liga Prata. Aínda así, o equipo consegue terminar a competición na segunda praza da clasificación, tan só superado na mesma polo Reprint Arteixo. No partido de hoxe, disputado no pavillón de Novo Mesoiro, o equipo realizaría unha meritoria primeira parte na fase de ataque, retirándose a vestiarios dominando o marcador por un axustado 20-21. Con ata catro xogadores infantís en pista, o BM.Culleredo Cristalería Gestal estaba a ser capaz de competir e mesmo superar a un conxunto moi superior a nivel físico. O talón de Aquiles do equipo situábase na fase defensiva e, especialmente, na fase moi deficitaria do repregamento, aproveitada polo conxunto local para conseguir a maior parte dos seus goles tanto en contraataque como en contragol. No segundo acto, o equipo de Culleredo chegaría a dominar por dous goles (23-25) e tería posesión para ampliar a tres a vantaxe, pero de novo a deficiencia no repregamento defensivo e a pouca contundencia na retagarda, terminaría por dilapidar esa vantaxe e ceder os dous puntos en xogo a un BM.Línea 21 que alcanzaría a contundente cifra dos 41 goles.
BM.Línea 21 Autoescola Copaco: 41 (20 + 21). Mauro Rojo, Miguel Mariño, Mateo Robles, Mario Rial, Tomás Castro, Alejandro Figueira, Pablo Blasco, Pablo Pena, Erik Aller, Xurxo Ferreiro, Martín Balado, Yago Santos, Malick Costoya, Javier Bra, Nicolás Cozzi.
BM.Culleredo Cristalería Gestal: 36 (21 + 15). Xurxo Méndez (P), Jorge García Serantes (P), Aarón Beade, Anxo Blanco, Guillermo Blanco, Samuel Costa, Hugo Jiménez, Roi Palmeiro, Hugo Fariña, Nicolás González, Mauro López.
Parciais cada 5´: 4-1 / 5-5 / 11-10 / 16-12 / 18-15 / 20-21 / Descanso / 23-24 / 28-26 / 32-30 / 36-32 / 38-34 / 36-41 / Final.
Colexiado: Hugo Bello Casas.
Incidencias: última xornada da segunda fase da Liga Prata disputado no pavillón de Novo Mesoiro.
