Saltar ao contido

DOMINIO E VITORIA DO BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES NUN NOVO DERBI

O BM.Culleredo Despreocúpate.es continua o seu paso inmaculado pola Copa Federación e no día de hoxe conseguíu o seu segundo triunfo noutras tantas xornadas. A pesar de comezar un tanto aletargados despois da resaca da Final Four de hai cinco días, o equipo foi elevando as súas prestacións co paso dos minutos e aínda que non conseguiría realizar un xogo preciosista como na cita de Chapela, sería suficiente para lograr a vitoria e manterse como líder solvente no Grupo Norte desta competición. O Montaxes Carballo Xiria Verde comandaría nos primeiros compases, logrando parciais de 2-4 e 4-6 que facían xustiza o seu maior empeño. As primeira táboas reflectíanse no electrónico ao paso polo ecuador (8-8) e sería a partir dese momento cando os cullerdenses tomarían vantaxe para non perdela nunca máis. O 22-17 ao descanso xa establecía unha cómoda renda que se vería aumentada paulatinamente nunha segunda parte que carecería de maior historia.

Bm Culleredo Despreocúpate.es: 41 (22+19). Xurxo Méndez (P), Javi Orge, Mauro Fdez, Aarón Beade, Beltrán González-Camino, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Martín Casal, Alex Soto, Jacobo Soto, Iván Gantes, Guillermo Blanco.

Montaxes Carballo Xiria Verde: 26 (17+9). Kenneth David Romero, Aarón Cotelo, Diego Varela, Dilan Ignacio García, Rodrigo Rama, Desale López, Iván Rey, Álvaro Cotelo, Daniel Valencia, Hugo Rama, Quintín Insua, Román Pérez, Pablo Seoane, Brais Sánchez, Marco Núñez, Rodrigo Castiñeiras.

Parciais cada 5 ́: 2-4 / 4-6 / 8-8 / 12-10 / 16-12 / 22-17 / Descanso / 27-17 / 29-19 / 31-19 / 33-21 / 37-23 / 41-26.

Colexiados: Pablo Torreiro y Paula Peteiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *