Saltar ao contido

PARTIDO DE MÁIS A MENOS DO BM.CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL ANTE O LÍDER

Na tarde do Xoves pasado, disputaríase no polideportivo de Almeiras o encontro correspondente á xornada nº 16 da segunda fase da liga Prata. Un partido atractivo entre o líder (Reprint Arteixo) e o segundo clasificado (BM.Culleredo Cristalería Gestal). A pesar das grandes diferenzas físicas a favor dos visitantes, os cullerdenses entraban no envite moi serios e concentrados, enarborando un bo balonmán, repleto de sentido e intención. O bo xogo víase acompañado por un marcador igualado nestes primeiros compases e un resultado parcial de 9-8 ao paso polo minuto dez, que reflectía o bo facer do conxunto local. Sobrepasado o ecuador, un 1-6 fulgurante derrubaría a resistencia do equipo de Culleredo e lanzaría aos de Arteixo cara a unha diferenza que no tempo de descanso xa se antollaba insalvable (17-25). Nunha segunda parte sen historia, o Reprint Arteixo continuaría aumentando a distancia ante as grandes dificultades do seu rival por frear as avalanchas de xogadores de maior antropometría e peso e o partido tornaríase predicible e insulso ata o asubío final.

Bm Culleredo Cristalería Gestal : 25 (17+8). Fran Hermo (P), Xurxo Méndez (P), Javier Orge, Hugo Jiménez, Jacobo Soto, Samuel Costa, Guillermo Blanco, Anxo Blanco, Roi Palmeiro, Beltrán González-Camino, Mauro López, Pablo Fraguela, Aarón Beade,

Reprint Arteixo: 52 (25+27). Iván López, Mateo Cernadas, Odys Luis Arbelo, Yeray Varela, Iker Vale, Aitor Antelo, Mateo Antelo, Yago Tajes, Ángel Caamaño, Mateo Gantes, Hugo Mourón, Sergio León.

Árbitros: Martina Regueiro e Carlos Ortiz.

Parcias cada 5´: 3-5 / 9-8 / 11-12 / 12-18 / 14-23 / 17-25 / DESCANSO / 19-29 / 23-35 / 25-39 / 25-44 / 25-47 / 25-52.

Incidencias: Partido correspondente á 16ª xornada da segunda fase da Liga Prata (Grupo Norte) cadete masculina. Encontro disputado no municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *