
Enlace do partido da semifinal: FINAL 4 CADETE SEMIFINAL 2 MASCULINA
Enlace do partido da final: FINAL 4 CADETE FINAL MASCULINA
O BM.Culleredo Despreocúpate.es conseguiuno, alcanzou o obxectivo máis buscado e desexado nunha fin de semana de ilusión no que o equipo se coronou como campión nunha final vibrante e preciosa, desas que fan afección. Longos meses de traballo desde aquel 5 de Agosto, recibiron nesta última fin de semana de Maio a recompensa a unha fixación común que vén xerminando mesmo desde categorías anteriores, fiel exemplo da perseveranza do grupo e das segundas oportunidades no deporte e na vida. A ilusión por esta cita impregnaba ao grupo desde a última xornada ligueira e especialmente na semana previa. A excitación dos xovenes corazóns case se podía palpar e o brillo especial dos seus ollos anunciaba que algo belo e especialmente emotivo estaba a xestarse. O camiño á meta comezaba na matinal dun Sábado solleiro, coma se o precioso día albergase toda a pureza de cada un dos soños duns nenos de catorce e quince anos. En fronte, os nosos veciños de Carballo, a recado tan esperanzados e desexosos de cumprir os seus. A forza e convicción coa que os cullerdenses entraron no envite, sería, ao cabo, decisiva e ese 6-0 inicial marcaría, en gran medida, o devir do encontro. A importancia da defensa e a velocidade dentro do modelo de xogo, argumentaban a superioridade dun BM.Culleredo Despreocúpate.es que pechaba o primeiro acto cunha vantaxe inmellorable (21-11). Dez goles de diferenza era un substancioso botín e non cabía relaxación algunha que puidese poñer en perigo a renda. Había tanto desexo, tanta paixón, que os cullerdenses non deron indicio de confianza e continuaron serios e seguros nun segundo tempo que referendaría o pase á final do Domingo, sen dar opción de remontada sorpresiva ao seu rival. A fin de semana seguía o seu curso sumando na conxunción do grupo e ao ámbito deportivo uníase o social, construíndo unhas relacións de vivencias e convivencia que acabarían por fortalecer aínda máis ao equipo no terreo de xogo. O Domingo, a mesma mañá asollada (bo agoiro): Almorzo, paseo, comida…e por fin, o momento esperado. No pavillón Manuel González Soto de Chapela, concentrábanse todas as ilusións duns nenos de Culleredo e Pontevedra por alcanzar un sector nacional do deporte que aman e nas bancadas, os seus compañeiros e compañeiras tinguían de cor e excitación a previa da final masculina. O marco era perfecto para lograr o premio, seguramente fiel ao que moitos imaxinaron antes do como desexarían que fose a súa vitoria nunha gran final. O partido tamén o foi: dinámico, vibrante, vistoso e envolto nun marcador igualado que engadiría incerteza e tensión ata os instantes finais. O desenlace terminaría por confirmar o soño máis idílico, que nalgún momento case se mostrou como utópico e que recompensaba a evolución e o xogo preciosista dun grupo cadete que se gañou o dereito de continuar soñando.
SEMIFINAL CADETE MASCULINA (Final 4):
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 48 (21+27). Xurxo Méndez (P), Fran Hermo (P), Iago Bolaños (P), Javi Orge, Mauro Fdez, Aarón Beade, Beltrán González-Camino, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Martín Casal, Alex Soto, Jacobo Soto, Alexis Martínez, Iván Gantes, Guillermo Blanco.
Montaxes Carballo Xiria Branco: 30 (11+19). Daniel Pan, Desale López, Iván Rey, Lucas Radio, Gonzalo García, Iker Lema, Quintín Insua, Gael Romero, Román Pérez, Andrés Gómez, Brais Sánchez, Oscar Longueira, Roi Pérez, Manuel Pombo, Sergio Pérez, Hector Castro.
Parciales cada 5 ́: 5-0 / 8-3 / 12-4 / 16-6 / 17-10 / 21-11 / Descanso / 25-14 / 31-15 / 35-18 / 41-21 / 44-26 / 48-30.
Colexiados: André Pena y Martín Rodríguez.
FINAL CADETE MASCULINA (Final 4):
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 39 (17+22). Mateo Basanta (P), Xurxo Méndez (P), Fran Hermo (P), Iago Bolaños (P), Javi Orge, Mauro Fdez, Aarón Beade, Beltrán González-Camino, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Martín Casal, Alex Soto, Jacobo Soto, Alexis Martínez, Iván Gantes, Guillermo Blanco.
Cisne Colegio Los Sauces: 35 (15+20). Manuel García, Bruno Gómez, Jorge Porto, Martín Montes, Gael Fdez, Mateo Rodríguez, Nicolás Montoya, Luis Montoya, Marco Quintáns, Pedro Novás, Brais Rodríguez, Iago Adelaide, Guillermo Candeira, Sergio Carballo, Ignacio Maceiras.
Parciales cada 5 ́: 2-2 / 6-4 / 8-9 / 12-12 / 15-13 / 17-15 / Descanso / 19-18 / 22-21 / 26-24 / 28-26 / 33-28 / 39-35.
Colexiados: Cesar Díaz y Joaquín Iñaki Oubiña.
