
Enlace partido: (SM) BM Culleredo - BM Lanzarote Ciudad de Arrecife - YouTube
O BM.Culleredo despedíu o pasado sábado a competición nacional na 1ª división e fíxoo como local no municipal de Tarrío. A pesar da derrota ante o BM. Lanzarote Ciudad de Arrecife, que chegaba a Culleredo xogándose unha praza na próxima fase de ascenso, os cullerdenses conseguirían pechar o ano deportivo coa mellor clasificación da historia da entidade, cubrindo unha tempada sen apuros nos que chegaron a coquetear durante moitos meses cos postos altos da táboa de clasificación. Especialmente na primeira volta e no mes seguinte á continuación do campionato despois do parón do Nadal, o BM.Culleredo conseguiría moverse entre o 5º e 7º posto, a tiro dun partido da cuarta e terceira praza. As vitorias contra o BM. Ingenio por un contundente 38-30, flamante segundo clasificado e con praza por tanto para a fase de ascenso a DHP, En Bueu, Lalín, ante o Luceros, Cañiza ou Tacoronte, construíron un camiño sobrio desde aquel inicio vitorioso fronte ao BM. Ribeiro (37-30) que outorgaba a permanencia de forma virtual a metade de campaña. A segunda volta transcorrería de maneira máis errática, sumando ademáis contratempos que levarían a un menor rendemento, especialmente despois das dúas vitorias consecutivas na continuación da competición despois de Nadal. As baixas por lesión evidenciaban a perdida de argumentos ofensivos e defensivos que ata o momento estaban a ser importantes e reducía en gran medida as posibilidades de rotación dun equipo que necesita o dinamismo e a velocidade no seu modelo de xogo. Con todo, o panorama aciago duns sería positivo para que outros desen un paso á fronte e desenvolvesen todo o seu potencial, sumando á causa futura a incursión no equipo de máis xogadores da canteira do club en idade xuvenil. O do Sábado, sería entón un partido intranscendente a nivel clasificatorio, un encontro onde o ritmo baixaría moito con respecto a outras xornadas con maior relevancia. Sesenta minutos xogados sen maior tensión nin incerteza comparados coas urxencias de outrora, unha tranquilidade forxada grazas a todos estes xogadores que estiveron oito meses adestrando e competindo con tesón para conseguir este logro histórico, imposible sen o desempeño de todos eles.
BM. Culleredo : 27 (12+15). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Adrián Díaz, Darío Pérez (2), Nuno Loxo (2), Hugo Bregua, Carlos Costa (2), Pedro Pereira (3), Roi García (4), Marcos Regueiro (3), Iago Allegue, Iván Sánchez (4), Iago Ferreiro (2), Xoán Canedo (1), Juan Pereira (3), Alejo Martínez (1).
BM. Lanzarote Ciudad De Arrecife: 32 (17+17). Saúl Rodríguez (P), Francisco Javier Santana (P), Mauro Jaureguiberry (4), Rafael Robayna (5), Joel Armas (2), Adrián Juarez (1), Acoidan Martín, Abián Martín Gil (3), Javier Aragón (2), Santiago Enzo (2), Declerck Mbala (1), Aday González (5), Oscar Silva (5), Manuel Ángel Iglesias (2).
Parciais cada 5´: 3-1 / 5-5 / 7-10 / 10-13 / 11-16 / 12-17 / Descanso / 16-18 / 18-20 / 20-23 / 22-26 / 24-30 / 27-32 / Final.
Colexiados: Francisco Fdez e Daniel Álvarez.
Incidencias: Partido correspondente a derradeira xornada no grupo A da 1ª nacional en categoría senior masculina. Encontro disputado no municipal de Almeiras.
Fotos do encontro:
