Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR OBTÉN A VICTORIA EN CAÑIZA

Derradeiro encontro oficial para as xuvenís do Fisioterapia Benestar , que viaxaban a Cañiza para finalizar o grupo da Copa Federación onde aínda teñen posibilidades de gañar a competición a espera do encontros dos rivais.

Comezaba o encontro cun dominio do equipo cullerdense no que a defensa 6:0 estaba a ter éxito , as situación na zona central defensiva estaban a ser sólidas e iso creaban unha problemática ao ataque local que non encontraba o gol con facilidade. Na fase ofensiva , foi de menos a máis , no comezo non había circulación de balón , e había moitas retención ,pero aínda así conseguíase o éxito .

O Fisioterapia Benestar rotaba e o equipo seguía a cumplir co plan do encontro , aínda que con algunha dificultad defensiva que rápidamente foi resolta con moita intelixencia e intensidade. A cada minuto que pasaban o equipo cullerdense obtenía moita máis ventaxa no marcador , dominando o encontro en toda a primeira metade.

Na segunda metade o nivel defensivo creceu e propiciou contrataques no que se ampliou moito máis a diferencia no marcador. Unha defensa que por momentos conseguía defensas moi longas pero que o final acaban en gol por despistes o desconcentración . Hai que seguir o aprendizaxe, xa que o esforzo de enlogar o ataque rival ten que ter moito máis premio a nivel defensivo .

Resultado final: Bm Cañiza 22- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 32.

Moi bó encontro do Fisioterapia Benestar onde moitas de elas cerran un ciclo deportivo en formación base, nenas que dende benxamin estiveron competindo no clube ata formarse como unha verdadeiras xogadoras de balonmán. Moitos recordos e. moitas sensación pasan pola cabeza destas rapazas nestes últimos meses de tempada.

O club quere expresar o seu máis sincero agradecemento a un grupo de xogadoras que foron máis ca promesas sobre a pista. Ao longo destes anos , deixaron pegadas cos seus valores. Sempre representando o escudo con orgullo .

Hoxe pechan unha etapa , pero levan consigo moito máis que recordos ; amizades, aprendizaxes, e moitas sensación neste deporte que sempre as acompañaran .

Bm Cañiza: Lucía Pereira, Sara Carballo, Daniela Lorenzo, Marola Perz, Karla Rodriguez, Lola Rodriguez, Ana Gil, Sabela Rodriguez, Naihara.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar : Aldara Piñeiro, ,Carmela Eiras, Antia Ferreño , Paula Peteiro, Daniela Pérez, Leire Barbeito, María Otero, Noa Otón, Aitana Gestal, Rosalía Veiga , África Gómez, Helena Portas.

Árbitros: Alfonso Canitrot.

Incidencias: 3ª xornada da copa federacion grupo 3 , disputado no pavillón do Polvorín en a Cañiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *