
Desputaban os nosos rapaces do Ares y Fuertes a Final 4 infantil masculina no Rosal, unha cita na que os nosos viñan con moita ilusión e ganas de amosar que podemos gañarlle a calquera.
Comezaban o reto medíndose aos veciños do Línea 21, un encontro que dende o comezo se prevía que sería de alta intensidade. Nos primeiros intres os de Mesoiro conseguían facernos moito dano co lanzamento exterior, en situacións donde por forza tiñan unha vantaxe e nos contestábamos con velocidade e eficacia. Co paso dos minutos, a nosa defensa 5:1 xunto á gran actuación de Jorge na portería, iría facendo mella nos ataques dun Línea 21 que vía moi compricado poder poñerse por diante no marcador e conseguían os nosos mandar por 2 goles ao descanso.
Desfrutaríamos, tralo paso por vestiarios, dun encontro cun ritmo altísimo e digno dun evento como esta Final 4. Poderíamos ver a 2 equipos xogando con un criterio e velocidade que dan boa conta do nivel destos equipos nesta tempada, un intercambio de golpes no que con algún erro de lanzamento non fomos quen de aproveitar para rompelo encontro e que se vería igualado sempre polos visitantes. Rematería o encontro cunha merecidad vitoria para os nosos pola mínima nun encontro que todos amosaron o seu nivel.
Tocaba xogarse a final o domingo fronte ao equipo da casa, o Atlético Novás. Trala derradeira xornada da Liga Ouro, na que o Ares y Fuertes conseguira derrotalos, chegaban os nosos convencidos de poder repetila fazaña. Os locais, moito máis grandes e fortes que os nosos facían bo uso desa diferenza física para poder rompelo noso entramado defensivo, pero os nosos non se quedaban atrás e contestaban con rápidas e ordenadas accións, o que mantiña unha igualdade que se rompería antes do descanso, permitíndole aos locais irse con 3 goles de vantaxe.
Os primeiros 10 min da segunda parte serían un auténtico campo de batalla no que os nosos conseguían poñela igualdade no marcador e poñendo moi nerviosos aos da casa. Por desgracia, ata ahí chegarían os folgos dos nosos, que se vían xa faltos de enerxía e ante a tremenda superioridade física rival pouco puideron aguantar e remataron por caer derrotados por 8 goles. Un resultado que non fai xustiza ao partido dos nosos.
Remataban desta forma a Final 4 como 4ª clasificados de Galicia, un resultado que ainda que sabe a pouco é moi meritorio e máis vendo todo o progreso acadado dende agosto ata agora, un grupo que de seguro nos dará moitas alegrías no futuro!
Os integrantes deste grupo que participou na Final 4 son:
Óliver, Íker, Darío, Hugo, Pedro, Aitor, Iván, Jorge G. Serantes, Jorge G. García, Mauro, Leo, Nicolás, Roi, Marco, Pablo e Mario.
