
Enlace Do Partido: 1 Nac. Masculina _Grupo A _Jornada 29_Bm Porriño vs Bm Culleredo
A penúltima xornada de 1ª nacional deparounos un partido con altibaixos no marcador no municipal do Porriño. Os locais, necesitados de polo menos un punto para referendar a permanencia un ano máis en categoría nacional, recibían a un BM.Culleredo que vai camiño de referendar o seu mellor ano na categoría. Os porriñeses poñíanse inicialmente por diante, entrando mellor no envite e mostrando maior intensidade, entendida no contexto do moito que xogaban. Polo lado dos cullerdenses, un debut que sumar aos moitos xuvenís que tiveron a alternativa estes anos en categoría nacional, constatando unha clara aposta polo traballo da base. Iago Allegue saía no equipo inicial e ao cabo, asinaría un partido máis que meritorio na súa primeira aparición co equipo senior sumando cinco goles na súa marcadora particular. Despois deste comezo con mandato local, o BM.Culleredo comezaría a aumentar as súas prestacións co paso dos minutos e conseguiría reducir a diferenza á mínima expresión ao paso polo ecuador (7-6). O encontro entraría entón nunha liña de igualdade máxima que os locais lograrían romper nos últimos instantes do primeiro acto, alcanzando unha diferenza de catro goles nada desprezable para o seu intereses. Na volta ao 40x20, o BM.Porriño sairía decidido a romper definitivamente o partido, chegando a ampliar a diferenza a uns seis goles que poñían o obxectivo local moi de fronte (23-17). O encontro entraba entón nun momento de letargo, un contexto e cun ritmo do interese dos porriñeses, aína que os cullerdenses non dixeran a súa última palabra. Cun parcial de 3-10 desde o 26-20, o equipo de Culleredo colocábase por diante a falta de oito minutos. Afrontábase a recta final e os visitantes adentrábanse moito mellor nesta fase (29-30). Á reacción visitante sucederíanlle uns minutos de erros por un e outro lado nos que a igualada manteríase inamovible (31-31). Foron minutos de alta tensión, especialmente para a afección local, que vía como a permanencia se vía comprometida. O BM.Culleredo tívoo nas súas mans, pero dous erros non forzados e a aparición do porteiro local noutros tantos lanzamentos finais, outorgarían a oportunidade que necesitaban os do Porriño para bater a portería defendida por Óscar e deixar ao BM.Culleredo ben preto de conseguir algo positivo.
BM.Porriño: 35 (20+15). Paulo Ces, Saúl Candán (1), Pablo Gómez, Xosé Canedo (5), Fernando Mosquera (2), Jesús Maquieira (7), José Álvarez, Martín Rodríguez (9), Jacobo Rodríguez (1), Pablo Álvarez, Pedro Gilsanz, David Costa, Eloy Molanes, Mateo Rodríguez, Nahum Pérez (6), Yago Raimúndez (4).
BM. Culleredo: 32 (16+16). Marco González (P), Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Carlos Costa (4), Roi García (5), Pedro Pereira (4), Iván Sánchez (3), Nuno Loxo (5), Marcos Regueiro (2), Alejo Martínez (1), Juan Pereira (2), Iago Allegue (5), Iago Ferreiro, Darío Pérez (1).
Parciais cada 5 ́: 3-0 / 5-3 / 7-6 / 10-9 / 14-12 / 20-16 / Descanso / 23-19 / 26-22 / 27-25 / 29-30 / 31-31 / 35-32 / Final.
Colexiados: Juan Manuel Vinagre e José Domingo Vega.
Incidencias: Penúltima xornada no grupo "A" da 1ª nacional masculina. Partido disputado no municipal de O Porriño.
Fotos Do Encontro:
