
O BM.Culleredo Cristalería Gestal, sumaría dous novos puntos na matinal do Domingo que consolidan ao equipo na segunda praza da clasificación. A vitoria, a domicilio, fraguaríase nunha superioridade manifesta a día de hoxe entre cullerdenses e viveirenses, a pesar da boa vontade e meritorio esforzo dos locais. Ao termo dos primeiros trinta minutos, o BM.Culleredo Cristalería Gestal xa dominaba por un claro 12-24, resultado que virtualmente deixaba o encontro visto para sentenza. A segunda parte foi un mero trámite, onde ambos os equipos traballaron con seriedade por cumprir os seus respectivos obxectivos, máis aló dun resultado puntual. Os guarismos finais (22-48) deixan moitas reflexións positivas, tanto individuais como colectivas, máis aló da gran diferencia que amosaba o marcador. A evolución dos rapaces en cuestións técnicas ou no entendimento do xogo, tanto na fase de ataque como na defensiva, son aspectos prioritarios independentemente de vitorias ou derrotas, e neste aspecto vironse detalles moi interesantes por parte dos rapaces do Cristalería Gestal.
Club BM.Viveiro: 22 (12+10). Iván Dovale, Xoel Castro, Borja Riveira, Raúl Paz, David Gueto, Uxía Fdez, Jaume Fdez, Sheila Seijas, Pablo Martínez, Fiz Hermida, Pablo Díaz, David Petrus.
Bm Culleredo Cristalería Gestal : 48 (24+24). Fran Hermo (P), Xurxo Méndez (P), Javier Orge, Hugo Jiménez, Jacobo Soto, Samuel Costa, Guillermo Blanco, Anxo Blanco, Roi Palmeiro, Beltrán González-Camino.
Árbitros: Juan Carlos Amedo.
Incidencias: Partido correspondente á 15ª xornada da segunda fase da Liga Prata (Grupo Norte) cadete masculina. Encontro disputado no municipal de Viveiro.
