
A pasada fin de semana abríase o pano da competición da Copa Federación. Xiria e Culleredo enfrontábanse en Carballo na primeira xornada do grupo Norte e os cullerdenses levarían a vitoria cun dominio de principio a fin. Con todo, o partido estaría influenciado pola confrontación que ambos os clubs afrontarán a próxima fin de semana en Chapela dentro da Final Four da categoría. Debido a iso, ausencias de xogadores importantes, outros que disputaron minutos fóra dos seus postos habituais e varios conceptos ocultos por parte do corpo técnico de ambos os equipos, non permitiron que estes expuxesen o seu verdadeiro potencial. O envite tornouse nun mero trámite que xa dominaba o BM.Culleredo Despreocúpate.es por unha ampla diferenza no tempo de descanso (12-24). Os algarismos seguiron aumentando nun segundo tempo no que todo estaba resolto e onde o enfoque se cinguía máis á acumulación de minutos e suma de experiencias en favor de xogadores menos habituais ou de inferior categoría. O resultado final (27-50) reflicte o enfoque de ambos os clubs, que se citarán o vindeiro sábado nunha final que a recado ofrecerá unha visión radicalmente antagonista ao exposto nesta xornada.
Montaxes Carballo Xiria Branco: 27 (12+15). David García, Lucas Radio, Gonzalo García, Mateo Viña, Andrés Gómez, Mateo Cotelo, Oscar Longueira, Roi Pérez, Manuel Pombo Mira, Manuel Pombo Fieira, Pablo González, Hector Castro, Hector Antelo, Hector Dubra.
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 43 (21+22). Xurxo Méndez (P), Javi Orge, Mauro Fdez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Martín Casal, Alex Soto, Alexis Martínez, Iván Gantes, Jacobo Soto, Guille Blanco.
Parciais cada 5 ́: 1-4 / 3-8 / 4-12 / 9-16 / 10-19 / 12-24 / Descanso / 16-28 / 20-31 / 25-36 / 25-39 / 25-46 / 27-50.
Colexiado: Víctor Pérez.
Incidencias: Partido correspondente a 1ª xornada da Copa Federación. Encontro no pavillón do CEIP Fogar, en Carballo..
