Saltar ao contido

VOLVE O FISIOTERAPIA BENESTAR QUE TOD@S COÑECEMOS CUNHA VICTORIA EN ALMEIRAS

Levábase moitos encontros sen ver todo o potencial do equipo xuvenil, moitos encontros loitando ata o final pero sen sair as cousas coma se acostumbran , quizáis e sorte, malas rachas ou tamén que os equipos rivais o merecen. Pero nesta ocasión ante un rival no se que tivo que sucumbir nos dous encontros ligueiros , esta vez o Fisioterapia Benestar , as nosas guerreiras dominaron o encontro o 100%.

O nivel defensivo que estiveron a ofrecer nos adestramentos foi o que se reflexou no encontro . 5 goles encaixados en 20 minutos . Traballo espectacular tanto a nivel individual coma colectivo onde as xuvenís pecharon a cancela cun 6:0 moi expeditivo. Non foi doado para o equipo rival superar a defensa cullerdense non que tan só lle preocupaban como recibir o 1x1 e as asxudas defensivas. Na fase ofensiva ante unha defensa 6:0 o equipo estivo moi correcto , xogando situación tácticas moi sencillas e sobretodo situacións que dominan. A velocidade nas tránsicións e na circulación de balón estaban a crear moitos problemas ao equipo visitante que veia como o Fisioterapia Benestar recollía unha ventaxa de ata 5 goles, que ao final da primeira parte quedaríanse en 3 de diferencia. Mágoa moitos lanzamentos errados en situacións con moito espacio .

Resultado ao descanso Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 13- Sedona Vigo 10 .

Na segunda metade o plan ofensivo cambiou e o beneficio foi moi óptimo , as transformacións da primeira liña ante o 6:0 visitante , estaban a crear moita problemática , a defensa estaba dividida e isto o aproveitaba o equipo local para manter distancias. Na fase defensiva a potencia e o niveis de forza en certo enfrontamentos 1x1 estaban a crear dudas na defensa cullerdense pero a fortaleza mental e a gañas tomaron o control de novo . O cambio a defensa 5:1 comenzou a crear problemas ao ataque do equipo de Vigo .

O Fisioterapia Benestar co control do encontro en todo o momento estivo moi correcto nos minutos finais , aferrandose ao carácter que hai que ter nestes compases do encontro . Moita conciencia e sabendo xogar con moita cabeza para terminar o encontro cunha gran victoria.

Resultado final: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 29- Sedona Vigo 24

Gran encontro do Fisioterapia Benestar , as sensación perdidas recuperanse con moita traballo e ilusión nos adestramentos e iso foi o que se reflexou sobretodo nesta semana. A agresividade , o tesón ,a solidaridade estiveron presentes nos adestramentos e iso e o que fai un equipo sólido .

Parabéns ,calquer adestrador estaría orgulloso de ver coma un equipo retorna a victoria cos valores propios dun equipo. Queda a última xornada en Cañiza onde as nosas queren brindar un gran encontro ante as familias que todos sabemos que son parte do equipo , e parte fundamental do clube.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Aldara Piñeiro, Antía Ferreño, Carmela Erías, Claudia Regueiro, Daniela Pérez Leire Barbeito, Luana Gómez, Paula Peteiro, Sofía Meijide, Adriana Vázquez, Lola Romero, Noa Otón , Aitana Gestal , Sara Fernandez, Rosalía Veiga.

Xac Seis do Nadal: Antía Almeirda, Aldara Porrúa, Emma Fernández, Arancha Hernández, Lucía Pereira, Antía González, Paula Moreira, Noa Senra, Sabela Comis, Uxía Comesaña, Dubra Vázquez, Sofía Rial, Inés Rodríguez.

Parciais cada 5´: 2-0/5-3/8-5/10-5/11-6/13-10/16-12/18-14/22-19/22-20/25-22/29-24

Árbitros: Carlos Ortiz y Jorge Sánchez

Incidencias: Xornada 2 da Copa Federación xuvenil femenina, disputada no pavilón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *