
Primeira xornada da Copa Federación disputada na Guardia onde o Sutenor segue a preparar o campionato de España. Unha competición que ten 3 encontros de alto nivel onde as nosas teñen claro que o primiero e o noso .
O encontro comezaba desastrosamente para o Sutenor con 4 pérdias seguidas de balón o que propiciaba un resultado de 4-1 onde pediase tempo morto para mentalizar das situacións de pérdidas e do repliegue defensivo . Unha vez normalizada a situación de xogo o Sutenor comezou a xogar de ti a ti ante a defensa 5:1 do equipo local , tanto en situación de desdoblamento da primeira liña coma situación de cruce para sacar a avanzada de zoa para ter situacións claras no centro da defensa local . O plan de xogo ofensivo estaba a sair moi correcto , mágoa a finalización , neste aspecto o Sutenor non estivo acertado e numerosos lanzamentos claros non tiveron acerto. No minuto 15 de encontro e con unha diferencia de 5 goles a prol do equipo visitante incrementou o nivel defensivo ata o punto onde pechou a porta da súa casa para estar durante mais de 10 minutos sen encaixar un gol.Os 1x1 recibóanse con contacto moi duro e as axudas estaban activas no centro da defensa, a dinámica e o traballo semanal estaba presente e Isto fixo reducir a ventaxa ata 3 goles, e non se puido reducir máis polos fallos de lanzamentos en zonas de efectividade como son as penetracións polo centro da defensa ou os lanzamentos de 7 m.
Resultado ao descanso : Atlético Guardés 13- Bm Culleredo Sutenor 10
Na segunda metade nos primeiros 3 minutos a dinámica foi exactamente aos últimos 15 minutos da primeira metade , a ventaxa reducíase pero tamén apareceu a situación símil dos primeiros compases da primeira metade, as pérdidas de balón onde o Sutenor volveu a pecar de este erro e o equipo local volvía a aumentar a ventaxa ata 7 goles. O Sutenor veia que todo o traballado en moitos minutos afastábase en 7 minutos . Tocaba volver a remar , e neste aspecto o equipo cullerdense ten galóns, e iso foi o que puxo sobre a pista. 2 goles en practicamente 15 minutos en contra foi outra vez a clave para poder meterse no encontro. A fase defensiva estaba a cumprir todos o criterios para poder gañar un encontro, pero no ataque que se estaba a xogar con moita disciplina e orde táctico , a finalización deste estaba a ser un pequeno lastre , e volverianse a repetir o fallos de lanzamento dende os 7 metros en lanzamentos claros dende 6 metros.
Resultado final : Atlético Guardes 25 - Bm Culleredo Sutenor 21
A victoria quedou neste ocasión para o equipo local , pero as sensacións positivas se foron para Culleredo onde sabemos que se podemos competir e deixar ao campión galego con problemas na fase ofensiva , pódese competir a todos os niveis nun sector Estatal .
Os momentos que de verdade. importan non avisan nin se repiten . Os equipos non se constrúen nos enocontros, senón en cada adestramento ao que se ven dando o máximo de un mesmo.
Mecalia Atlético Guardés: Alejandra Lopez, Silvia Lomba, Mara Gonzalez, Julia Lomba, Valentina Eiras, Daniela Pacheco , Julia Lomba, Sabela Lomba, Ángela Martinez , Carolina Reyes,Yasmine Lopez
Bm Culleredo Sutenor: Sara Fernández, Helena Portas,África Gómez, Maria Otero, Aitana Gestal, Noa Otón , Sara Villar, Rosalía Veiga, Lola Romero,Sofia Meijide, Simona Seo.
Parciais cada 5`: 4-2/7-3/10-5/10-7/13-10/14-12/18-13/21-14/22-16/23-19/25-21
Árbitros: Christian Framil
Incidencias: Xornada 1 da Copa Federación cadete feminino , disputado no pavillón da Sangriña .
