
O debut na competición copeira ante un Xiria con moitas baixas e con numerosos xogadores cadetes saldouse con vitoria nun encontro con pouco ritmo.
O equipo cullerdense comezou o encontro con maior ritmo nas transicións e conseguía distanciarse no marcador aos poucos.O equipo local con menor presenza física no ataque encontraba dificultades para lograr meter gol.So no xogo do 2x2 co pivote conseguían éxito pero os cullerdenses coa variante do 5:1 defensivo era capaz de frenar ao equipo carballés e así chegar ao descanso con renta de 7 goles.
Na segunda metade a tónica sería a mesa que na primeira metade . Os xogadores do Culle con moitos erros de lanzamentos dende os 6 metros non puideron ampliar a vantaxe acadada nos primeiros 30 minutos. O choque rematarlo cun intercambio de goles que favoreceunos e así lograr un cómodo triunfo.
Hierros Varela Urbieta Xiria.23( 7+16):Roi,Tomás,Daniel,Gonzalo,Desale,Ivan,Xano,Izan,Quintín,Rubén,Hugo,Álvaro,Brais ,Pablo,Manuel e Sergio.
Balonman Culleredo Galaico Caravaning.31(14+17): Hugo Díaz,Xurxo,Iago,Bermudez,Jairo,Hugo Rodríguez,Fabián,Adrián,Roi,Bregua,Isaac,Javi,Ivan,Teo e Diego.
Colexiado: Jorge Sánchez.
