
Primer encontro do Fisioterapia Benestar na Copa Federación que visitaba ao Sanxenxo o sábado pola tarde.
Non comezaba ven o equipo cullerdense o encontro , sempre concedendo situacións aisaldas de 1x1 onde as xogadoras locais aproveitaban este aspecto para penetrar na defensa do Fisioterapia Benestar.A base sólida defensiva que levan a ter practicamente todo o ano no estaba presente e isto estaba a ser un lastre non só nos primeiros compases se non que foi unha tónica case todo o encontro .A movilidade de do tren inferior estaba a fallar e a non proactividade no estaba reflexada para poder tomar a iniciativa en labores defensivas. Na fase ofensiva intentouse levar un ritmo alto pero reflexouse moito individualismo, e iso penalizou o xogo colectivo . O Fisioterapia Benestar non conseguía un ritmo alto de circulación de balón e intentaba finalizar sen ter unha clara ventaxa ofensiva . Os lanzamentos non estiveron ben elixidos e isto foise penalizando ata chegar ao descanso cunha diferencia de 5 goles.
Resutado ao descanso: Bm Sanxexo 17- Bm Fisioterapia Benestar 12
O Fisioterapia Benestar saiu na segunda metade algo máis entonado , sobretodo a nivel defensivo onde puido axustarse en certos momentos, pero ainda así as accións individuais no ataque local estaban a mermar a defensa cullerdense que non estaba preparada para recibir os envites de 1x1 . As axudas seguian sen aparecer nos momentos claves, e con pequenas accións o equipo local conseguía o gol . No ataque o Fisioterapia Benestar seguía sen ter boas sensacións e a presa por marcar gol estaba a ser un problema xa que o balón seguía sen moverse moi rápido e os golpes francos estaban a favorecer a defensa local . A diferencia no marcador mantiñase practicamente en todo momento e non se conseguía reducir as distancias. Nos últimos compases de xogo cambiouse a dinámica defensiva a un 5:1 e incluso un 3:3 e reduciase esta diferencia a 3 goles onde parecía que podería haber esperanzas , pero o abrir o espazos sempre hai máis risco , e o equipo local finalizou o encontro sabendo xogar este tipo de accións.
O equipo loitou ata o final , o esforzo o final foi grande pero non chegou para forzar a victoria neste encontro onde non se tivo un bó papel a niveis xerais. A tempada non acabou e hai que pensar que sempre hai que dar o máximo en cada cita deportiva , sexa un adestramento , un encontro amistoso ou un encontro oficial . Toca seguir traballando e intentar axustar certos patróns que nos fagan mellor equipo .
Resultado ao final do encontro: Bm Sanxenxo 29- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 26
BM Sanxenxo : Sara Salomon, Ainara Portela, Ainhoa Outón, Alexia Mosquera, Sablea Outón, Irene Torres, Sara Vlad, Laura Conde, Clara Fernández
Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Aldara Piñeiro,Helena Portas, Leire Martinez,Lua Fernández, Maria Otero, Carmela Erias, Aitana Gestal, Claudia Regueiro, Antia Fernandez, Paula Peteiro, Rosalia Veiga, Alba Fernández, Lola Romero, Daniela Baz, Noa Otón.
Parciais cada 5`: 3-1/5-5/9-7/11-)/13-11/17-12/17-14/21-16/14-18/27-20/23-28/29-26
Árbitros: Iria Rodriguez y Zaira Otero.
Incidencias:Primeira xornada da Copa Federación do Grupo C , disputado no pavillón de Vilalonga Sanxenxo.
