Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 12.04.26

SENIOR

O BM Culleredo retomará o vindeiro sábado a competición no grupo A da primeira división estatal e o fará como local, recibindo en casa ao Granitos Ibéricos Carballal de Vigo. Despois do parón de Semana Santa, no que se recargaron os tanques de enerxía para afrontar os últimos tres encontros de liga, os cullerdenses volven ao municipal de Tarrío en horario habitual (19:30h) coa idea de conseguir unha nova vitoria ante a súa afección. A tarefa será complexa ante un conxunto olívico que chega coa moral polo alto ao ser o equipo que terminou coa imbatibilidade do líder na anterior xornada. Así, o
equipo de Culleredo deberá de dar un paso á fronte para superar as múltiples baixas que sofre e apelar máis que nunca a un traballo e unión grupal que lles leve a conseguir os dous puntos en xogo.

XM - GALAICO CARAVANING

Volta a competición para os nosos xuvenís, e comezo da copa federación o sábado en Carballo.
Tócanos comezar ante un rival duro como o Xiria que militou a tempada na Liga Ouro. Con moitas ganas de competir tras un parón moi longo tocará pelexar duro para loitar polo triunfo.

XF - FISIOTERAPIA BENESTAR

Debut das nosas xuvenís na Copa Federación este sábado en Sanxenxo. Moita ilusión neste último torneo da tempada onde as nosas guerreiras queren amosar o seu mellor xogo. Un xogo que se basará primeiro na defensa intensa e nun ataque disciplinado.

CM - CRISTALERÍA GESTAL

Retoman os rapaces do Cristalería Gestal a competición trala semana santa e fano recibindo ao Narón, equipo que nos puso en moitos problemas no encontro de ida e que nos servirá para velo progreso deste grupo despois de varios meses.

IM - ARES Y FUERTES

Os nosos rapaces do Ares y Fuertes reciben aos cadetes do Atlántico nun amistosos preparatorio de cara á Final 4 da semana que ven no Rosal. Buscarán os nosos acabar de afianzar conceptos defensivos craves para ter un bo desempeño na Final 4 e pulir situacións ofensivas.

FORZA CULLE!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *