
O espíritu de equipo e o traballo colectivo onde unha a unha aporta o seu graniño de area é a sensación máis importante que pode ter un equipo . Onte o Remax Riazor seguiu unha vez máis coa dinámica que leva nesta última fase do campionato ligueiro , competir ao máximo posible ante calquer rival . Xa o fixo ante o primeiro e segundo clasificado e agora co colofón de poder obter unha victoria ante un rival onde o seu primeiro equipo xoga na máxima categoria do balonmán nacional .
O encontro comezaba con moita igualdade pero cun Guardés cun puntiño por diante, os dous equipos plantexaban unha defensa 5:1 . A nosas con algunha que outra dúbida no ataque estaban a ser algo irregulares pero con unha boa intención de xogo. Quizáis as pérdidas de balón estaban a perxudicar o Remax Riazor que sufria nos contrataques impostos polo equipo local .
Pouco a pouco o equipo cullerdense comezou a entonarse sobretodo a nivel defensivo , e ixso fixo que o ataque fora máis fácil,m aínda así non. houbo moitos goles na primeira metade que decantouse de cara o equipo local.
Resultado ao descanso: Mecalia Atlético Guardés 10 - Bm Culleredo Sutenor 9
A segunda metade estivo máis aberta para o ataque , por parte do Remax Riazor o xogo ofensivo foi moi destacable ,o balón moviase rápido e as xogadoras era agresivas de cara superar a defensa local . As miniguerreiras cullerdenses empataban o encontro e apesares de algún erro defensivo polo control do pivote , as nosas seguían a remar e xa no minuto 15 do encontro obtiveron unha ventaxa de 2 goles a favor . Quedaba moito por xogar aínda , pero canda a enerxía reflexase coma un aura exterior , as sensación son as de ¨non deixaremos escapar isto¨. Así foi , na fase defensiva dos ultimos 10 minutos o Remax Riazor encaixou tan só 2 goles. Os cambio defensivo a 3:3 e os cambios de distancias na defensa estaban a crear unha problemática ao ataque local . A intensidade e a movilidade de piernas da defensa cullerdense estaba a ser vital , a sorte tamén acompañou nos lanzamentos forzados do equipo local. E no ataque non había compaixón , moita verticalidade e sobretodo gañas ¡. O Remax Riazor con moita paixón acaban os 5 últimos minutos cun. parcial de 1-4, e levábase un encontro moi traballado e moi ilusionante.
Resultado final: Mecalia Atlético Guardés 24- Bm Culleredo Remax Riazor 27
Noraboa , costou moito tempo volver a disfrutar dunha victoria pero o equipo xa estivo a desfrutar nos econtros anteriores coma iamos dicindo. O futuro está ahí e é unha das cousas que temos que ter en conta.
Un equipo non se mide polos partidos que se gañan , se non pola capacidade de levantarse cando se cae.Hai pequenas cousas que hai que valorar as dificultade sempre están presentes, e a resolución de problemas e algo fundamental para poder seguir crecendo .
Noraboa pola tempada , medrar non é fácil pero con vos fixéstelo xuntas.
Mecalia Atlético Guardés: Luz Bonnin, Pilar Riobo, Antia Baz, Marcela Martinez, Maria Gonzalez, Carolina Martinez, Valentina Eiras, Amanda Sousa, Irene Gonzalez, Lea Comba, Marcela Sobrino
Bm Culleredo Remax Riazor: Aldara Allegue, Candela Tizón , Olivia Pan, Aroa Bestilleiro, Sofia Orge, Andrea Muñoz, Elena Aneiros, Sabela Lamas, Salma Martinez, Paula Gándara, Lucía Peña, Daniela Manteiga.
Parciais cada 5`. 9-6/10-9/13-13/17-17/20-22/23-23/23-27
Árbitros: Carlos Alonso
Incidencias: Xornada 18 da liga Ouro infantil femenino ,
