Saltar ao contido

O SUTENOR PLANTA CARA AO CAMPIÓN PERO FALTOU PRECISIÓN MENTAL

Última xornada nunha pista de élite para o Sutenor , que tiña por diante un bó reto , o de intentar gañar o primeiro clasificado .

No primeiro parcial do encontro os dous equipos estiveron moi igualados, ofrecendo cada un deles a sua proposta tanto a nivel ofensivo coma defensivo . Neste último caso as dúas defensas reflexaban un sistema 6:0, realmente estaban a enfrontarse as dúas mellores defensas do campionato¡¡ Aqui o Sutenor pecou de falta de concentración ñe reactividade , xa que era o ataque local o que mandaba, mentres a defensa cullerdense era máis pasiva esperando o ataque . Na fase ofensiva o Sutenor seguía a propoñer o xogo colectivo e a velocidade de balón. O balón movíase con fluidez e conseguíanse accións de xogo moi boas con penetracións da primeira liña o lanzamentos dende as zonas externas. O final da primeira metade o equipo local chagaba cunha ventaxa de 3 goles no encontro, a regularidade estaba a caer máis para o equipo local que para o visitante.

Resultado ao descanso: Mecalia Atlético Guardés 15 - Bm Culleredo Sutenor 12

Na segunda metade tivose un baixón sobretodo a nivel de efectidade xeral, e o equipo local aumentou a vantaxe ata 6 goles. Pero a dinámica era outra xa dende o inicio da segunda metade o equipo a nivel defensivo estivo moito máis agresivo , habia intencións tácticas e viuse reflexado nesa enerxía característica que teñen . Pero a sorte non acompañou nese incio despois do descanso .

O ataque estaba a ser correcto e conseguianse seguir os patróns do modelo de xogo, a defensa aumentou de nivel q e iso viuse reflexado no marcador cunha reducción amplia ata chegar a 3 goles de diferencia cunha sensación de poder seguir reducindo a ventaxa local . Pero quizáis esta vez faltou algo máis de fortuna e sobretodo como diciamos algo que hai que manter os 60 minutos ,a concentración de xogo . Algo indispensable nun deporte colectivo.

Non se puido novamente esta fin de semana, intentouse de moitas maneras, o equipo deixou todo na pista , as facianas o reflexaban e iso dí moito destas rapazas, hai que estar orgullosos delas non se lles pode pedir mais .

Resultado final: Mecalia Atlético Guardés 33 - Bm Culleredo Sutenor 26

Agora queda seguir traballando para poder chegar en óptimas condicións para competir nun novo reto que estará cheo de ilusión. A fantasía sempre pode xurdir e non podemos mirar a outro lado que non sexa para arriba .

Noraboa pola tempada de este ano , non se pode pedir máis tan só dicilo dunha maneira , ´GRAZAS´

Mecalia Atlético Guardés: Alejandra Lopez, Silvia Lomba, Mara Gonzalez, Julia Lomba, Valentina Eiras, Daniela Pacheco , Julia Lomba, Sabela Lomba, Yasmine Lopez

Bm Culleredo Sutenor: Sara Fernández, Helena Portas,África Gómez, Maria Otero, Aitana Gestal, Noa Otón , Sara Villar, Rosalía Veiga, Lola Romero, Thais Villaverde , Alba Fernandez, y Sofia Meijide

Parciais cada 5`: 4-3/5-4/8-6/12-8/14-10/16-13/21-16/24-18/25-20/28-24/33-26

Árbitros: Carlos Alonso

Incidencias: Xornada 18 da liga cadete feminino , disputado no pavillón da Sangriña .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *