Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 29.03.26

SENIOR

O BM Culleredo viaxa esta próxima fin de semana ás illas afortunadas para enfrontarse ao BM Ingenio de Gran Canaria. Os cullerdenses, que chegan a esta xornada coa permanencia conseguida de forma matemática nesta 1ª Nacional, aspiran a subir banzos na clasificación nestas catro datas restantes para a finalización da competición. Non será tarefa fácil, xa que o equipo non poderá contar nin con Adrián Díaz no pivote, nin Marco García en primeira liña, ambos por lesión e Carlos Costa será dúbida ata última hora.

O encontro disputarase o domingo ás 12.00 (hora insular) no Pavillón Pedro Padilla.

CM - DESPREOCÚPATE.ES

Cos deberes feitos e a terceira praza da clasificación conseguida, o BM Culleredo Despreocúpate.es recibe este domingo, na que será a última xornada da Liga Ouro en categoría cadete, ao Valinox Novás do Rosal. Os cullerdenses, coa mente posta na Final Four de finais de Abril, queren aproveitar o partido para competir e preparar a súa posta en escena nese evento que pode dar o pase ao sector nacional. O partido será duro e complicado, xa que os rosaleiros xogan a última bala para conseguir praza nesa Final Four.

O partido disputarase o domingo á 13:00h no Polideportivo de Almeiras.

CF - SUTENOR

Viaxe das cadetes do Sutenor á Guardia para xogar o derradeiro encontro ligueiro onde o equipo local xógase o campionato ligueiro . Unha victoria do Guardés daríalle o título . Pero as nosas que veñen de facer un gran encontro ante as segundas clasificadas van a Guardia a deixarse a pel, coma todas as fines de semana. Iso é o ADN de este equipo. A maiores o nivel xeral está a dar bo rendemento, tanto na fase ofensiva polo xogo xerado coma na fase defensiva, onde é un dos equipos menos goleados da categoría. Un pasiño tan só queda para finalizar con boas sensacións esta tempada ligueira.

CM - CRISTALERÍA GESTAL

Visitan os nosos este sábado de mañá ao Atlántico para medirse por 3° vez esta tempada entre ambos equipos. Os 2 anteriores encontros destacaron pola igualdade, con dous conxuntos moi parellos tal e como reflexan os dous empates. Deberán os nosos ser capaces de frealo ataque dos fortes xogadores de Oleiros se queren poder gañalo encontro.

CF - CANOSA ABOGACÍA

Último encontro das nosas cadetes do Canosa Abogacía na etapa ligueira. Tras realizar unha competición moi boa na primeira etapa, e ser algo irregulares nesta segunda fase, irán con todo neste último encontro ante o Lavadores. O partido terá lugar o sábado ás 10:00 en Almeiras.

IM - ARES Y FUERTES

O Ares y Fuertes pechará a Liga Ouro fronte ao Novás. Coa praza para a Final 4 asegurada, os nosos tentarán facer un bo partido contra o 3° clasificado, nun encontro que pode valer como antesala á Final 4, sendo o Novás un dos participantes. Veñen os nosos dun irregular encontro fronte ao Tui, pero teñen ganas de amosar que están nun momento moi bo e que poden competirlle a calquera!

IF - REMAX RIAZOR

Último encontro da competición ligueira para as miniguerreiras cullerdenses que veñen de facer un gran papel ante o campión galego .O Remax Riazor coñece as claves do encontro para poder finalizar o campionato cunha victoria e así poder finalizar cun gran sabor. Pero o encontro non será regalado así que haberá que sudar moito e sobretodo estar concentrada e impoñer unha gran intensidade.

FORZA CULLE!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *