Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REENCÓNTRASE CA VICTORIA E CERTIFICA UN ANO MÁIS EN CATEGORÍA NACIONAL

Enlace BM.Culleredo vs Disiclín BM.Lalín: (SM) BM Culleredo - Disiclín Balonmán Lalín

O BM.Culleredo reencontrouse coa vitoria e recuperou sensacións no encontro que o pasado sábado lle enfrontou ao Disiclín Balonmán Lalín. Aínda que o partido comezou errático por parte de ambos os conxuntos e os dezáns conseguían adiantarse no electrónico despois duns minutos de intercambio de golpes e erros, os cullerdenses crercerían no xogo co paso dos minutos e un 8-4 de parcial conseguido nos últimos minutos do primeiro tempo, facía posible que a vantaxe fose local cando os equipos chegaban ao tempo de descanso e tomaban o camiño de vestiarios (12-9). Unha saída fulgurante na continuación cun parcial gañador de 4-0, disparaba a diferenza aos sete goles (16-9) e o camiño achandábase e moito para os intereses do BM.Culleredo. Os cullerdenses aproveitarían entón a distancia conseguida para marcar o ritmo que máis lles interesaba e, a pesar de que os visitantes o tentarían de todas as formas, a diferenza nunca baixaría dos cinco goles. A falta de dez e cun 27-18, máxima diferenza do partido, o BM.Culleredo entraría nunha recta final plácida e sen sobresaltos que terminaría por concretar con ese resultado final de 31-24, unha nova vitoria que chegaba acompañada dunha permanencia matemática que, por conseguirse de forma virtual hai moito tempo, non resta importancia nin mérito ao gran traballo colectivo deste equipo na tempada actual.

BM.Culleredo: 31 (12+19). Hugo Díaz (P), Oscar Bello (P), Carlos Costa (4), Juan Pereira (1), Martín Insua (4), Marcos Regueiro (1), Pedro Pereira (2), Adrián Veira (1), Iago Ferreiro (1), Iván Sánchez (7), Xoán Canedo (1), Henrique Traba (3), Nuno Loxo (2), Alejo Martínez (4), Roi García, Darío Pérez.

Disiclín BM.Lalín: 24 (9+15). Marcos Vázquez, Juan Enrique Lago (1), Ramón Gil (1), Adrián Crespo (4), Martín Losón (2), Miguel García, Martín Vázquez, Miguel López (2), Roi Sierra (1), Alejandro López, Javier Iglesias (4), Xosé Cuiña (5), Iago González (1), Xoán Otero (2), Mateo López (1), Víctor Hidalgo.

Parciais cada 5´: 1-2 / 3-5 / 4-5 / 9-8 / 11-9 / 12-9 / Descanso / 16-9 / 19-14 / 22-17 / 27-18 / 29-22 / 31-24 / Final. 

Colexiados: Jonathan Hinojosa e Gabriel Folgoso.

Incidencias: Xornada nº 26 en primeira nacional (Grupo "A"). Partido disputado no municipal de Tarrío

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *