Saltar ao contido

O REMAX RIAZOR NON PODE CO CAMPIÓN GALEGO PERO DEMOSTRA QUE PODE COMPETIR CON EL.

Un dos encontros máis compricados para o Remax Riazor que disputaba o seu encontro ante o lider da categoría é que se gañaba obtendría o titulo ligueiro.

A SAR pronto encamiñaba o encontro nos primeiros minutos e detonabase que non o ía a deixar escapar pero todo cambiou nun pequeno fragmento de tempo , onde o Remax Riazor reaccionou de maneira positiva e despois de redireccionar pequenos situacións defensiva e conseguir situacións con ventaxas na fase ofensiva, as cullerdenses dábanlle a volta ao marcador , e comezaban a dominar as lideres do campionato , algo que xa pasou na xornada anterior onde conseguíase domninar as segundas clasificadas. O Remax Riazor fixo alarde do traballo defensivo co sistema 5:1 onde encerraba as xogadoras visitantes que non conseguían situacións claras de gol .

Nos últimos intres unha SAR máis acertada conseguía ir o decanso cunha ventaxa de 1 gol .

Resultado ao descanso :Bm Culleredo Remax Riazor 19- SAR Rodavigo 20

Moitos goles na primeira metade , pero quedaba moito en xogo , e máis depois de observar a competitividade do encontro , onde o Remax Riazor volveu a dar un paso al frente. Na segunda metade o equiop visitante,meteu unha marcha máis , sabían o que se xogaban e comezaron a subir o ritmo do encontro, un factor que as nosas cullerdenses o comezaron a notar e non puideron seguir o ritmo de encontro . A falta de contundencia defensiva e o posicionamento fixo desestructurar momentaneamete a estructura 5:1 , isto o aproveitaba o equipo redondelá para ampliar a ventaxa. Pero os folgos non eran de desánimos para o Remax Riazor que continuamente moveu o seu banquillo onde todalas xogadoras foron aportando o seu graniño de area para poder conseguir unha boa dinámica e non perderse coa superioridade que estaba a amosar o equipo visitante.

A niveis xerais o Remax Riazor xogou un gran encontro , a nivel ofensivo estivo de 10 , xa que alcanzar a cifra de 36 goles ante o lider da categoría e algo para ter en conta . Quizáis o factor de encaixar moitos goles en cada parte pode ser a parte negativa ainda que sempre se pode ver aspectos positivos dentro das negativas. O equipo volve a ser fiable e a recuperar balón, provoca situación ineficaces aos equipos rivais , nótase moita máis densidade e solidaridade defensiva . Factores determintantes para construir unha fortaleza de cara o futuro .

Resultado ao final do encontro: Bm Culleredo Remax Riazor 36- SAR Rodavigo 43.

Bm Culleredo Remax Riazor: Aldara Allegue, Sofia Calvo, Sabela Lamas, Andrea Muñoz, Aroa Bestilleiro, Candela Tizón, Salma Martinez, Uxia Seoane, Sofia Orge, Elena Aneiros,Olivia Pan, Lucia Peña, Daniela Manteiga, Paula Gándara.

SAR Rodavigo:Helena Lopez,Martina Dacosta,Rita Queimaiiños,Ana Anselin, Zoe Molinos, Daniela Fernadez, Eva Boullosa, Mara Troncoso, Claudia Garcia, Ines Miguelles, Zaira Garcia, Greta Alonso.

Parciais cada 5`: 3-4/8-7/10-9/12-12/15-17/19-20/25-27/26-32/36-43

Árbitros: Pablo Torreiro

Incidencias: Xornada 18 da liga infanitl femenino disputado no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *